martes, 16 de mayo de 2023

Ficha 6

 

Ficha 6: CULTIVANDO HABILIDADES

Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
  • Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
  • Favorecer a comunicación entre o grupo.

Foi impartida durante o mes de abril por Sabela Prieto González, profesora do departamento de Lingua castelá e Literatura .

Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado sentouse en círculos e dous voluntarios foron representando diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra. 
Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas conversas sobre novas situacións.




SITUACIÓNS PLANTEXADAS:

1. Ante os comentarios despectivos pola foto dunha rapaza con pelos na axila, houbo dúas posturas: 
  • A meirande parte do alumnado defendería o dereito de cada persoa a tomar decisións físicas sobre o seu corpo, rexeitando ese tipo de comentarios, 
  • Unha minoría só intervirían para defender á compañeira se é unha amiga ou familiar, é dicir, non participarían da conversa se a outra persoa non lles importa ou lles cae mal. 
Reflexionamos sobre o tema e a necesidade de cortar este tipo de conductas.

2. Na segunda situación, pedimos a un dos alumnos que presione á súa parella para ter relacións sexuais cando ela todavía non está preparada, insistindo con argumentos como que todo o mundo da súa idade xa o fixo ou dudando do seu amor e compromiso. 
  • Ante esta situación, todos concordan en que xamais farían iso e sempre esperarían a que a súa parella estivera preparada para manter relacións sexuais. 
  • O alumnado de 3º concorda en que aínda é pronto para manter relacións sexuais completas e entenden a necesidade de esperar a que ambas partes da parella estean preparadas. Din que non teñen présa, que para eles non é cedo nin tarde, que iso se dará cando se teña que dar xa que cada un precisa o seu tempo, e non presionarían ás súas parellas. Manifestan que lles daría igual esperar meses ou anos e entenden a importancia de non presionar a outra persoa e as consecuencias negativas que isto podería ocasionar.
3. Falando do consentimento nas relación sexuais e da non presión, xorde a cuestión do que farían se están liándose cunha rapaza borracha ou que non está nas súas plenas facultades. 
  • Neste caso, a maioría non ben mal ter relación sexuais con ela, porque entenden que son consentidas. 
  • Só un rapaz ten claro que xamais faría tal cousa e que pediría un taxi ou acompañaría á rapaza á súa casa, asegurándose do seu benestar. 
Ante estas afirmacións, insistimos sobre a necesidade de que ambas partes da parella estean en plenas facultades cando decidan manter relación sexuais.

4. Na seguinte situación, ante a petición da parella de facerse unha tatuaxe dos seus nomes como mostra de amor:
  • Todos rexeitan a idea e teñen claro que non o farían e aguantarían a presión sen ceder, pois o amor non precisa demostrarse con probas deste tipo e as tatuaxes son algo que un debe pensar moito, pois son para toda a vida.
O mesmo ocorre ante a insistencia para que proben un porro: ningún dos presentes fuma, son deportistas e non queren probalo, así que teñen claro que non o farían aínda que llo propuxera un amigo ou a persoa que lles gusta. 

Parece que os rapaces teñen moi claras as súas conviccións e estas sesións servíronnos para falar de temas moi interesantes e para afianzar as súas ideas.

martes, 9 de mayo de 2023

Ficha 5

 

Ficha 5: A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Nesta quinta ficha os obxectivos son:

  • Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións.
  • Posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo.
  • Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.

Foi impartida durante o mes de marzo polos docentes: Sara Pajón Soto, profesora do departamento de Francés, Carlos MontesMónica Picos, profesores do departamento de Tecnoloxía.

Na clase de francés segunda lingua estranxeira desenvolvéronse unha serie de actividades que nos permitiron abordar as relacións dos e das adolescentes coas novas tecnoloxías.

En primeiro lugar, dedicamos unha primeira sesión a introducir os conceptos de acoso e ciberacoso, posibilitando que o alumnado aportase os seus coñecementos sobre o tema e aclarando as súas dúbidas. Para iso fixemos unha posta en común inicial, que representamos na pizarra, como se mostra na seguinte imaxe:

Unha vez definidos os conceptos e aclaradas as dúbidas, valoramos posibles maneiras de protexerse en internet en xeral e nas redes sociais en particular, para o que o alumnado propuxo varias ideas, logo postas por escrito en forma de traballo. Velaquí algunhas das súas propostas:

  


   

Na clase de Educación dixital a actividade desenvolveuse en dúas partes:

1. Reflexión e diálogo a través dun documento con vídeos e preguntas onde se presentan situacións a partir das que establecer un debate na aula. (enlace ó documento). Tratáronse:
  • As diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación a través das redes sociais. Destacouse a importancia do tono de voz, a expresión e o contacto físico como vantaxes da comunicación en persoa e as diferentes interpretacións que se poden facer dunha mesma conversa e que pode levar a malos entendidos nas redes sociais.
  • A importancia que se lle da, en xeral, ó “doble-check” en whatsapp.
  • A privacidade dos datos persoais/contraseñas.
  • Repasamos conceptos como ciberbulling e sexting así como a influencia que pode ter a pornografía a través de Interet na vida afectiva real.

2. Elaboración de carteis informativos sobre as reflexións feitas na sesión anterior. Algúns dos traballos son:

            
   

   

   

viernes, 17 de marzo de 2023

Ficha 4

 

Ficha 4: O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO

Nesta cuarta ficha os obxectivos son:

  • Analizar as mensaxes vencelladas ao modelo de amor romántico.
  • Visualizar a realidade da diversidade de formas de vivir e expresar o amor. Potenciar as relacións igualitarias e respectuosas entre os sexos.

Foi impartida pola profesora Beatriz González-Moro Galán, profesora de Lingua galega e Literatura.

Aproveitando que tradicionalmente o mes de  febreiro é o "mes do amor", xa que se celebra o día de San Valentín, adicamos unhas xornadas ao concepto de "amor romántico" co alumnado de 3º ESO, dentro do programa Quérote da Consellería de Educación.

Comezamos coa procura da resposta a QUE É O AMOR ROMÁNTICO? e logo vimos uns vídeos nos que se exemplificaba o proceso polo que se chega á anulación da personalidade nunha parella tóxica.

As reflexións dos alumnos facían fincapé nos estereotipos dos medios de comunicación e das películas e moitos deles negaban que existise o ideal de amor romántico.



FICHA 3

 

  

Ficha 3: A ORIENTACIÓN DO DESEO E A IDENTIDADE SEXUAL

Nesta terceira ficha os obxectivos son:

  • Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade.
  • Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación sexual.
  • Favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.

Esta ficha foi impartida polas profesoras Eva Vérez Cotelo, profesora de Educación Plástica e Visual,  Sabela Prieto González e María Jesús Prol Gómez, profesoras de Lingua castelá e literatura.

En 3ºA e 3ºC , comenzouse coa visualización do vídeo "¿Qué es la orientación sexual? Explicación fácil" no que se explica a diversidade sexual partindo da idea de que o ser humano é un ser sexuado (con órgano sexual) e aclarando os conceptos máis importantes: sexo biolóxico, identidade sexual, orientación do desexo ou orientación sexual e expresión de xénero. 

Trala visualización do vídeo, puxéronse en común todas as dúbidas creando así un debate moi produtivo e interesante para o alumnado, posto que non tiña clara a diferenza entre os diversos conceptos nin a relación existente entre eles. A idea fundamental que extraemos deste vídeo é o respecto á diversidade.

Posteriormente, visionouse “Love has no labels”, vídeo onde distintos esqueletos humanos amosan os diversos tipos de amor. 
Fñixose de forma conxunta unha recopilación dos distintos amores que recoñecemos e reflexionamos sobre os inexistentes límites do amor.

En 3º B e 3ºD, despois da visualización do primeiro vídeo, o alumnado estivo discriminando frases tránsfobas de outras mais inclusivas e xustificando a sú eleción en pequeños grupos.

      

Frases empregadas:

  


 Finalmente, cós conceptos establecidos e a colaboración de Eva Vérez, o alumnado adicou catro sesión a crear carteis que amosen respecto cara a diversidade sexual.

 

  

        





viernes, 20 de enero de 2023

Ficha 2

 

Ficha 2: A EDUCACIÓN SEXUAL

Nesta segunda ficha os obxectivos son:

  • Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo.
  • Achegar e clarificar conceptos relacionados co feito sexual humano.
  • Ampliar a visión da sexualidade no alumnado que favoreza actitudes e condutas saudables e respectuosas.
  • Abrir unha canle de comunicación co profesorado respecto das dúbidas referentes á sexualidade que haxa na aula.

Foi impartida pola profesora María del Carmen Rodríguez García, profesora de Xeografía e Historia o último día antes das festas do Nadal, o 22 de decembro.

Para facer a tarefa máis participativa, creamos entre tod@s a definición a través dunha treboada de palabras. Nas seguintes fotos pódense ver algunhas das ideas que xurdiron nas aulas:


A partir das palabras construímos as definicións. Estos son algúns dos exemplos:
A profesora observou que os rapaces e rapazas tiñan unha visión da sexualidade circunscrita ao coito e á interacción entre dúas persoas.
Debatemos sobre a definición proposta pola clase e tentamos despois ampliala con novas ideas tiradas da definición de sexo que está no diccionario.
A docente, para tentar ampliar a noción de sexualidades do alumnado, proxectou varios vídeos breves:
  1. Mitos que tienen los adolescentes sobre el sexo - YouTube que trata sobre mitos da sexualidade entre adolescentes. Por exemplo: pensar que a píldora do día despois é abortiva, que no sexo oral non se transmiten enfermidades ou que na primeira relación sexual non se poden quedar embarazadas.
  2. (148) La importancia de las primeras relaciones sexuales - Carlos García Molinero - YouTube que trata sobre a importancia das primeiras relacións sexuais. Para iso baseábase nunhas investigacións feitas con ratas, nas que demostraban que as ratas macho que tiñan a súa primeira relación sexual cunha rata cun determinado olor (aínda que este foso a cadaverina, proteína dos cadáveres), buscaban sempre ese olor.

FICHA 1

 

Ficha 1: PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+

Nesta primeira ficha os obxectivos son:

  • Dar a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría. 
  • Posibilitar o achegamento da mocidade a Quérote+ para que o teña como recurso de referencia profesional nas súas procuras de información e asesoramento.
  • Facer unha introdución do Quérote+ no Eusebio da Guarda con un repaso das diferentes actividades (fichas) que se van a traballar ó longo do curso.
Foi impartida a semana 24 ó 28 de outubro do nos catro grupos de 3º ESO por Nuria Roibás Polo, psicóloga do centro Quérote+ da Coruña.


Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a mocidade onde poden realizar as súas consultas de forma confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das
diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima.
Vías de consulta:
  • Consultoría presencial e telefónica Quérote+ A Coruña:  Avda. Linares Rivas, 28 8º. Teléfono: 981 223 913
  • A través da páxina web: http://xuventude.xunta.es/querote-mais 
  • A través de Whatsapp e Telegram: 647 018 752
  • A través de videochamada     







miércoles, 18 de enero de 2023

 

Plan Proxecta: Quérote+. Curso 2022-23   

TI+EU. O desenvolvemento afectivo-sexual   

Comezamos o programa Quérote+ no IES Eusebio da Guarda cos seguintes obxectivos:

  • Estimular a autoestima positiva.
  • Potenciar a construcción dun coñecemento que posibilite unha explicación crítica da sexualidade humana e o xénero.
  • Favorecer a integración das dimensións sociais, culturais, psicolóxicas, biolóxicas, afectivas e morais de cada un dos temas de aprendizaxe.
  • Establecer actitudes, ideoloxías e valores ante a sexualidade que permitan entenderla como unha forma de relación e comunicación satisfactoria e placenteira.
  • Romper os tabús, mitos e medos transmitidos pola tradición cultural.
  • Potenciar unha construcción dos afectos exenta de estereotipos de xénero.
  • Fomentar o respecto cara a diversidade sexual.
  • Recoñecer estereotipos de xénero.
Este curso participamos 14 profesores/as  do Instituto co fin de integrar o proxecto no currículo de todas as materias