lunes, 26 de junio de 2023

Ficha 8

 

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.

Foi impartida durante o mes de xuño por Laura Horta Romarís, profesora do departamento de Física e Química.

A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.

Nesta ocasión tres grupos de 3º ESO elaboraron diferentes materiais coa finalidade de introducir os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+ nos compañeiros de 2º da ESO. 

Cada un dos grupos elaborou os seguientes materiais:
  • Unha presentación. 
  • Un póster que se fixou no taboleiro das aulas.



Para elaborar os materiais adicáronse 3 sesións na aula de informática e as presentacións nas aulas de 2º ESO A,B e D tiveron lugar os días 16 e 19 de xuño.

Durante as exposicións os grupos puxeron casos prácticos nos que se analizaban mitos sobre a educación sexual e sobre relacións tóxicas. Os rapaces e rapazas de 3º ESO encontraron moi satisfactoria a experiencia de expoñer e resolver dúbidas plantexadas.



viernes, 23 de junio de 2023

Ficha 7

 

Ficha 7: ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN

Nesta séptima ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS

Foi impartida na materia de Proxecto Competencial por María José Rivas Díaz e Abel Fernández Maroño, profesores do departamento de Xeografía e Historia, empregando a seguinte unidade didáctica: