martes, 26 de febrero de 2019

A EDUCACIÓN SEXUAL, 2ª PARTE

Logo do taller na aula, tocou repensar o aprendido e expresalo ao noso xeito. Deixovos eiquí algúns dos traballos do alumnado feitos con texturas
E tamén no lo contan eles e elas 

domingo, 17 de febrero de 2019

Somos 2, eu tamén conto!

As clases de 3º da ESO  están a traballar nas aulas as relacións de parella.
 Na primeira sesión traballarán  con conceptos básicos: amor, dependencia, parella, espazo persoal, individualidade...  Os mitos do amor romántico e con formas de evidenciar situación saudables e non saudables nas relacións de parella
Na 2ª sesión  tratarase o espazo persoal e o espazo relacional, os mitos e crenzas das relacións afectivas que xeran situacións de dependencia e opresión. Tomar contacto co espazo persoal e recoñecer e comprender o concepto de individualidade, e aprender a dicir NON
A 3ª sesión está enfocada a educación emocional.  Aprender que elementos debe ter unha relación sa, reflexionar cales deben ser as bases das relacións afectivas, coñecer o Bo Trato contra o Mal Trato e coñecer A pirámide da violencia de xénero




martes, 12 de febrero de 2019

E pronto terán o resultado

O alumnado de física e química están a facer  unha taboa periódica????
Deixo unhas fotos como aperitivo. Estou desexando ver o traballo finalizado!!


lunes, 11 de febrero de 2019

O amor non ten etiquetas....... e nos ...xa o sabemos👍

A EDUCACIÓN SEXUAL

E en decembro Yago de Querote + en A coruña contounos moitas cousas 
O proceso de sexualización que abarca toda a nosa vida , está en constante evolución . En este proceso, polo cal ímonos facendo mulleres e homes, é importante a educación sexual como unha forma mais de relación entre persoas . Este taller foi realizado nos catro grupos de 3º da ESO e os obxectivos foron:
 Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo
 Facilitar a posta en común e a reflexión sobre as dúbidas que poden existir respecto das prácticas eróticas e as relacións entre persoas
 Propiciar actitudes de empatía cara ás diferentes visións e formas de vivir a sexualidade  



Sensibilizando

e traballando a través do cómic   segue este link😀😀

A ter en conta...

Un novo recurso ...para todos e todas
Que é Quérote+? Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a mocidade. A mocidade pode realizar as súas consultas de forma confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima Vías de consulta:  Consultoría presencial e telefónica

Nos temos moi cerca  Quérote+ A Coruña Avd. Linares Rivas ,28 8º Teléfono: 981 223 913  pero tamén a páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais ou  Whatsapp e Telegram 647 018 752

Con esta actividade , o profesor de tecnoloxía, presentou e ao alumnado de 3º da ESO este novo recurso e como usalo .




Durante as sesións o alumnado traballou contestando  as preguntas da ficha Número 1, visitaron a páxina web vendo as diferentes posibilidades  deste programa da  Consellería de Política Social da Xunta de Galicia


http://xuventude.xunta.es/querote-mais

UNHAS VERBAS POLOS DEREITOS DE TODAS E ..........SILENCIO POLAS QUE FALTAN.....



Relación entre iguais

Sensibilizando

Sensible: adxectivo
Que é capaz de percibir sensacións a través dos sentidos, ou sentirse moralmente.
Que é capaz de ser movido pola beleza e valores estéticos ou sentimentos como o amor, a tenrura ou a compaixón. Unha persoa sensible á arte.

Traballando a relación entre iguais a través de cartaces


Un exemplo de Non e Non

Eiquí algùns dos nosos traballos























Os nosos obxectivos

O noso proxecto titulase TI+EU  e ten por obxectivos:

QUÉROTE +

E xa estamos eiquí...

Empezamos a andaina co PLan Proxecta-Quérote+ no pasado mes de outubro. Estivemos traballando nas aulas co alumnado e agora imos  xuntar os traballos para facelos públicos neste blogue.
Este curso somos nove profesores/as os  participantes de distintas materias.
O noso proxecto está basado nos criterios básicos do programa:
  • O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento.
  • O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos.
  • A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais.
  • A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula.
  • A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado.