Ficha 6: CULTIVANDO HABILIDADES
Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:
- Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
- Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
- Favorecer a comunicación entre o grupo.
Foi impartida durante o mes de abril por Sabela Prieto González, profesora do departamento de Lingua castelá e Literatura .
Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado sentouse en círculos e dous voluntarios foron representando diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra.
Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas conversas sobre novas situacións.
SITUACIÓNS PLANTEXADAS:
1. Ante os comentarios despectivos pola foto dunha rapaza con pelos na axila, houbo dúas posturas:
- A meirande parte do alumnado defendería o dereito de cada persoa a tomar decisións físicas sobre o seu corpo, rexeitando ese tipo de comentarios,
- Unha minoría só intervirían para defender á compañeira se é unha amiga ou familiar, é dicir, non participarían da conversa se a outra persoa non lles importa ou lles cae mal.
2. Na segunda situación, pedimos a un dos alumnos que presione á súa parella para ter relacións sexuais cando ela todavía non está preparada, insistindo con argumentos como que todo o mundo da súa idade xa o fixo ou dudando do seu amor e compromiso.
- Ante esta situación, todos concordan en que xamais farían iso e sempre esperarían a que a súa parella estivera preparada para manter relacións sexuais.
- O alumnado de 3º concorda en que aínda é pronto para manter relacións sexuais completas e entenden a necesidade de esperar a que ambas partes da parella estean preparadas. Din que non teñen présa, que para eles non é cedo nin tarde, que iso se dará cando se teña que dar xa que cada un precisa o seu tempo, e non presionarían ás súas parellas. Manifestan que lles daría igual esperar meses ou anos e entenden a importancia de non presionar a outra persoa e as consecuencias negativas que isto podería ocasionar.
3. Falando do consentimento nas relación sexuais e da non presión, xorde a cuestión do que farían se están liándose cunha rapaza borracha ou que non está nas súas plenas facultades.
- Neste caso, a maioría non ben mal ter relación sexuais con ela, porque entenden que son consentidas.
- Só un rapaz ten claro que xamais faría tal cousa e que pediría un taxi ou acompañaría á rapaza á súa casa, asegurándose do seu benestar.
Ante estas afirmacións, insistimos sobre a necesidade de que ambas partes da parella estean en plenas facultades cando decidan manter relación sexuais.
4. Na seguinte situación, ante a petición da parella de facerse unha tatuaxe dos seus nomes como mostra de amor:
- Todos rexeitan a idea e teñen claro que non o farían e aguantarían a presión sen ceder, pois o amor non precisa demostrarse con probas deste tipo e as tatuaxes son algo que un debe pensar moito, pois son para toda a vida.
O mesmo ocorre ante a insistencia para que proben un porro: ningún dos presentes fuma, son deportistas e non queren probalo, así que teñen claro que non o farían aínda que llo propuxera un amigo ou a persoa que lles gusta.
Parece que os rapaces teñen moi claras as súas conviccións e estas sesións servíronnos para falar de temas moi interesantes e para afianzar as súas ideas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario