sábado, 24 de octubre de 2020

E como norma.... o RESPECTO: 11 de outubro Día internacional da saída do armario


 Neste vídeo explícanse, sen profundizar, as siglas LGBT, así como a importancia da celebración desta data.

Tamén se dan as instrucción de como participar no grupo "Iguais na diversidade" do IESP Eusebio da Guarda da Coruña.

Benvida ao curso 20-21

TI+EU.O desenvolvemento afectivo-sexual

A importancia da sexualidade vai máis alá do coñecemento puramente biolóxico ou do tipo de métodos anticonceptivos existentes, pois explica procesos tan trascendentais coma a construcción da identidade de xénero ou o establecemento de relación afectivas positivas ou negativas.


Se pretendemos construir unha sociedade na que mulleres e homes poidamos convivir en igualdade é imprescindible proporcionar aos nosos alumnos unha educación afectivo-sexual integral, o que permitirá favorecer a construcción dunha sociedade máis igualitaria.


Os nosos obxectivos son:



  • Estimular a autoestima positiva.
  • Potenciar a construcción dun coñecemento que posibilite unha explicación crítica da sexualidade humana e o xénero.
  • Favorecer a integración das dimensións sociais, culturais, psicolóxicas, biolóxicas, afectivas e morais de cada un dos temas de aprendizaxe.
  • Establecer actitudes, ideoloxías e valores ante a sexualidade que permitan entender ésta como unha forma de relación e comunicación satisfactoria e placenteira.
  • Romper os tabús, mitos e medos transmitidos pola tradición cultural.
  • Potenciar unha construcción dos afectos exenta de estereotipos de xénero.
  • Fomentar o respecto cara a diversidade sexual
  • Recoñecer estereotipos de xénero


Este curso imos traballar 12 profesores/as  do Instituto co fin de integrar o proxecto no currículo de todas as materias

O dito , Benvidos , Benvidas, Benvides!