Ficha 3: A ORIENTACIÓN DO DESEO E A IDENTIDADE SEXUAL
Nesta terceira ficha os obxectivos son:
- Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade.
- Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación sexual.
- Favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.
Esta ficha foi impartida polas profesoras Eva Vérez Cotelo, profesora de Educación Plástica e Visual, Sabela Prieto González e María Jesús Prol Gómez, profesoras de Lingua castelá e literatura.
En 3ºA e 3ºC , comenzouse coa visualización do vídeo "¿Qué es la orientación sexual? Explicación fácil" no que se explica a diversidade sexual partindo da idea de que o ser humano é un ser sexuado (con órgano sexual) e aclarando os conceptos máis importantes: sexo biolóxico, identidade sexual, orientación do desexo ou orientación sexual e expresión de xénero.
Trala visualización do vídeo, puxéronse en común todas as dúbidas creando así un debate moi produtivo e interesante para o alumnado, posto que non tiña clara a diferenza entre os diversos conceptos nin a relación existente entre eles. A idea fundamental que extraemos deste vídeo é o respecto á diversidade.
En 3º B e 3ºD, despois da visualización do primeiro vídeo, o alumnado estivo discriminando frases tránsfobas de outras mais inclusivas e xustificando a sú eleción en pequeños grupos.
Frases empregadas:
Finalmente, cós conceptos establecidos e a colaboración de Eva Vérez, o alumnado adicou catro sesión a crear carteis que amosen respecto cara a diversidade sexual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario