martes, 22 de marzo de 2022

Ficha 4: O modelo de amor romántico.

Nos grupos 3ºA, B,C,D e E estivemos falando da noción de amor romántico en varias sesión da materia Lingua galega e literatura. Puxémolo en relación cos tópicos literarios, tamén presentes noutras disciplinas artísicas, e a súa trasposición á realidade. Falamos do tratamento do amor idealizado nas cantigas de amor da lírica medieval galego-portuguesa (ligado á concepción platónica do ser superior) e no movemento artístico precisamente denominado así, romanticismo.


Practiamos a oralidade con coloquios sobre os contidos dos microdocumentais ofrecidos nas fichas da unidade. No debate abrollaron distintas valoracións sobre os feitos recollidos neles, mais sempre conscientes das toxicidades recollidas. Nos grupos D e E realizamos un role-play representando finais ou versión alternativas para esas mesmas pezas, das que achegamos foto.



En 3ºA analizamos un conflito amoroso que se produce no libro de lectura Europa Expres, de Andrea Maceiras, desde o prisma do que deben ser as boas prácticas nas relacións de parella.

En 3ºE buscamos as semellanzas entre os contidos da Ficha co libro Diario violeta de Carlota,que rematamos este trimestre.