Ficha 2: A EDUCACIÓN SEXUAL
Nesta segunda ficha os obxectivos son:
- Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo.
- Achegar e clarificar conceptos relacionados co feito sexual humano.
- Ampliar a visión da sexualidade no alumnado que favoreza actitudes e condutas saudables e respectuosas.
- Abrir unha canle de comunicación co profesorado respecto das dúbidas referentes á sexualidade que haxa na aula.
Foi impartida pola profesora María del Carmen Rodríguez García, profesora de Xeografía e Historia o último día antes das festas do Nadal, o 22 de decembro.
Para facer a tarefa máis participativa, creamos entre tod@s a definición a través dunha treboada de palabras. Nas seguintes fotos pódense ver algunhas das ideas que xurdiron nas aulas:
A partir das palabras construímos as definicións. Estos son algúns dos exemplos:
A profesora observou que os rapaces e rapazas tiñan unha visión da sexualidade circunscrita ao coito e á interacción entre dúas persoas.
Debatemos sobre a definición proposta pola clase e tentamos despois ampliala con novas ideas tiradas da definición de sexo que está no diccionario.
A docente, para tentar ampliar a noción de sexualidades do alumnado, proxectou varios vídeos breves:
- Mitos que tienen los adolescentes sobre el sexo - YouTube que trata sobre mitos da sexualidade entre adolescentes. Por exemplo: pensar que a píldora do día despois é abortiva, que no sexo oral non se transmiten enfermidades ou que na primeira relación sexual non se poden quedar embarazadas.
- (148) La importancia de las primeras relaciones sexuales - Carlos García Molinero - YouTube que trata sobre a importancia das primeiras relacións sexuais. Para iso baseábase nunhas investigacións feitas con ratas, nas que demostraban que as ratas macho que tiñan a súa primeira relación sexual cunha rata cun determinado olor (aínda que este foso a cadaverina, proteína dos cadáveres), buscaban sempre ese olor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario