jueves, 27 de junio de 2019

E en Música...


Traballando na aula.... cultivando habilidades. Ficha 6

O alumnado séntase en círculo e dous voluntarios/as representarán unha situación
na que un/a exercerá presión sobre outra persoa, collendo como exemplos, as
situacións que se presentan na ficha .Tras a representación, o grupo reflecionaron sobre como se sentiron e chegaron a conclusión que se necesita fomentar a autoestima para non ceder ante a presión que exercen os máis fortes, e que é necesario saber valorarse maís e buscar axuda, cando se necesite.
O traballo levouse a cabo durante a ultima avaliación e levou unha sesión para o debate e visionado do video “A primeira vez” e outra sesión para a elaboración do traballo e elección da actividade que consisiu en buscar por un lado cancións, das que eles escoitan a cotio, que fomenten a mensaxe positiva, e un video de apoio a todos.

martes, 25 de junio de 2019

Ficha 4: O amor romántico

Ficha 4: O amor romántico

Visión do amor romántico a través da historia en poemas e cancións.

Na clase de 3º V-PMAR, ao longo dos tres trimestres do curso desenvolvemos actividades, en lingua galega e castelá, dentro do Plan Proxecta QUÉROTE+/TI+EU, co obxectivo concreto de reflexionar sobre a visión social  que existiu do papel de muller e home e o amor romántico, a visión da sexualidade e da parella,  a través do tempo ata a actualidade.

No primeiro trimestre, traballamos a visión do amor que aparecía nas cantigas medievais galego-portuguesas, tanto nas cantigas de amigo, como nas cantigas de amor, como nas cantigas de escarnio e maldicir, compoñendo unha visión de diferentes ángulos que nos acercaba á visión da convención literaria fronte á visión máis cercana á realidade das últimas.
O alumnado levou a cabo a tarefa de elixir os seus poemas amorosos preferidos e elaborar manualmente a súa libreta de cantigas. 
Velaiquí algún exemplo:













No segundo trimestre, traballamos cal era a visión que presentaban das relacións entre home e muller os contos tradicionais.
Como resultado, o alumnado do grupo decidiu reinterpretar o conto de "Brancaneves e os sete ananos" para o Entroido, á luz do traballado na aula.
O resultado foi premiado no Certame de Carautas de Entroido,


Finalmente, no terceiro trimestre, o alumnado de 3º V traballou a visión do amor, das relacións de parella e de home e muller e a sexualidade, tal e como aparecen reflexadas nas cancións que escoitan no seu día a día.
Despois de examinadas un número máis extenso de cancións, segundo o gusto de cadaquén, escolleron exemplos de cancións que presentan visións desta realidade bastante chamativas para facer un exame máis pormenorizado das mesmas.
Presentaron os traballos, individuais ou colaborativos, ao conxunto da aula, e as conclusións acerca desas visións do amor romántico nalgunhas cancións actuais, finalizando co curso escolar 2018/19 as actividades deste Plan Proxecta 3º ESO-QUÉROTE+/TI+EU.

https://issuu.com/e.verez/docs/trabajo_proyecta__1_.pptx



https://issuu.com/e.verez/docs/traballo_de_lingua__1_.pptx