martes, 26 de noviembre de 2019

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller






Actividades  realizadas no centro... ainda que non todas



    
PHOTOCALL





curso 19-20

BENVIDOS 
CURSO 19-20

NESTE CURSO TRABALLAREMOS :

FICHA 1 PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+
FICHA 2 A EDUCACIÓN SEXUAL
FICHA 3 A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL
FICHA 4 O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO
FICHA 5 A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA
FICHA 6 CULTIVANDO HABILIDADES
FICHA 7 ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN
FICHA 8 HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Tedes toda a información do programa en

Profesorado implicado neste proxecto :

 Eva María Vérez Cotelo Debuxo Coord.
María Rocío Rodríguez Ferreiro Filosofía
Jesús Serna Arnaiz Física e química
Mª Dolores Blanco Vieites Física e química
Adriana Domínguez Pérez Inglés
Manuel Varela Domínguez Bioloxía e xeoloxía
María Jesús Quintans Rodríguez Francés

jueves, 27 de junio de 2019

E en Música...


Traballando na aula.... cultivando habilidades. Ficha 6

O alumnado séntase en círculo e dous voluntarios/as representarán unha situación
na que un/a exercerá presión sobre outra persoa, collendo como exemplos, as
situacións que se presentan na ficha .Tras a representación, o grupo reflecionaron sobre como se sentiron e chegaron a conclusión que se necesita fomentar a autoestima para non ceder ante a presión que exercen os máis fortes, e que é necesario saber valorarse maís e buscar axuda, cando se necesite.
O traballo levouse a cabo durante a ultima avaliación e levou unha sesión para o debate e visionado do video “A primeira vez” e outra sesión para a elaboración do traballo e elección da actividade que consisiu en buscar por un lado cancións, das que eles escoitan a cotio, que fomenten a mensaxe positiva, e un video de apoio a todos.

martes, 25 de junio de 2019

Ficha 4: O amor romántico

Ficha 4: O amor romántico

Visión do amor romántico a través da historia en poemas e cancións.

Na clase de 3º V-PMAR, ao longo dos tres trimestres do curso desenvolvemos actividades, en lingua galega e castelá, dentro do Plan Proxecta QUÉROTE+/TI+EU, co obxectivo concreto de reflexionar sobre a visión social  que existiu do papel de muller e home e o amor romántico, a visión da sexualidade e da parella,  a través do tempo ata a actualidade.

No primeiro trimestre, traballamos a visión do amor que aparecía nas cantigas medievais galego-portuguesas, tanto nas cantigas de amigo, como nas cantigas de amor, como nas cantigas de escarnio e maldicir, compoñendo unha visión de diferentes ángulos que nos acercaba á visión da convención literaria fronte á visión máis cercana á realidade das últimas.
O alumnado levou a cabo a tarefa de elixir os seus poemas amorosos preferidos e elaborar manualmente a súa libreta de cantigas. 
Velaiquí algún exemplo:













No segundo trimestre, traballamos cal era a visión que presentaban das relacións entre home e muller os contos tradicionais.
Como resultado, o alumnado do grupo decidiu reinterpretar o conto de "Brancaneves e os sete ananos" para o Entroido, á luz do traballado na aula.
O resultado foi premiado no Certame de Carautas de Entroido,


Finalmente, no terceiro trimestre, o alumnado de 3º V traballou a visión do amor, das relacións de parella e de home e muller e a sexualidade, tal e como aparecen reflexadas nas cancións que escoitan no seu día a día.
Despois de examinadas un número máis extenso de cancións, segundo o gusto de cadaquén, escolleron exemplos de cancións que presentan visións desta realidade bastante chamativas para facer un exame máis pormenorizado das mesmas.
Presentaron os traballos, individuais ou colaborativos, ao conxunto da aula, e as conclusións acerca desas visións do amor romántico nalgunhas cancións actuais, finalizando co curso escolar 2018/19 as actividades deste Plan Proxecta 3º ESO-QUÉROTE+/TI+EU.

https://issuu.com/e.verez/docs/trabajo_proyecta__1_.pptx



https://issuu.com/e.verez/docs/traballo_de_lingua__1_.pptx













miércoles, 15 de mayo de 2019

Aconcepción e concepción. Traballando a ficha 7


Dende o 22 de abril ata o 3 de maio,os alumnos de bioloxía e xeoloxía de 3º ESO dos grupos A, B, C e D participaron no desenvolvemento da actividade: "Aconcepción e concepción" dentro do programa de Educación Sexual do plan Proxecta-Quérote+, contribuíndo deste xeito ao coñecemento da erótica persoal potenciando o uso do preservativo como método de protección ante embarazos non planificados e ITS.

Na primeira sesión os alumnos acudiron ao aula de informática e organizáronse en grupos de 4 para elaborar un listado con 10 prácticas "aconceptivas", é dicir, 10 maneiras de ter relacións eróticas que non impliquen posibilidade de embarazo.
  
A continuación, puxeron en común as súas propostas na lousa e finalmente apuntaron tamén noutra columna as prácticas "conceptivas", aquelas que comportan posibilidade de embarazo.


 



Na segunda parte da sesión, os mesmos grupos fixeron unha procura de información fiable na rede na páxina web http://querote.org/afondo/apartado.php?id_l=043&lg=gal coa que elaboraron un breve documento coas principais características dos métodos anticonceptivos e ITS.
  



Na segunda sesión, os alumnos expuxeron oralmente no aula o contido do documento elaborado previamente sobre os métodos anticonceptivos e ITS.





A actividade remata coa participación dos mesmos nun divertido xogo a través da páxina web Unicef: Xogo Concondon (http://juegoconcondon.com/), quen consiga máis puntos en 30 segundos gañaaa!!













domingo, 7 de abril de 2019

En Francés.....O amor romántico


Durante o mes de marzo de 2019, os alumnos de 3º A e B, matriculados na materia de francés 2ª lingua, estiveron traballando sobre o amor romántico, dentro do plan Proxecta-Quérote+.

As tres primeiras sesións foron dedicadas ao traballo do léxico relacionado co tema, frases habituais e análise dos mitos sobre o mor romántico.

Nunha 2ª fase pasamos ao estudio de tres situacións diferentes, vendo de preto cales eran os erros cometidos polos seus protagonistas.

Dentro da fase informativa, proxectáronse tamén na aula algúns vídeos recomendados polo plan Proxecta.
Por último, realizáronse traballos en grupo ou ben individuais sobre o tema abordado.
Velaquí a lista de traballos presentados:
1.- Rita Ferreiro e Verónica Iglesias de 3º B.
“O amor o pode todo”  vídeo realizado a base de carteis con frases resumo do analizado na clase


2.- Manuela Gutiérrez, Sofía Sánchez, Virginia Ojea, Ana Ramos e Paula Martínez de 3º A
Dramatización baixo formato de vídeo dunha situación real, onde a protagonista remata pedindo axuda ao teléfono de “quérote +”



3.-  Alex Solsona, Gabriel Bnade, Nicolás Perramón e Alvaro Souza de 3º A.
Traballo presentado en Word, cunha enumeración dos mitos do amor romántico, onde se describen os erros mais comúns.



4.- Aihnoa Jiménez e Laura Canzobre de 3º B
Presentan un vídeo en you tube, o cal titulan: “Existe a túa media laranxa”

5.- Eva, Nuria Hermida, María Moreira  e Laura Paadín de 3º A.
Baixo formato de vídeo, traballo presentado sobre as cracterísticas do amor romántico e do amor libre.
6.- Diego Vázquez e Manuel Candales de 3º A
PDF sobre a definición do amor romántico. Moitos dos seus clichés veñen dados polo mundo do cinema.


7.- Aícha González, Inés Figueiras, Lía Loureiro, Isabel Martín e Gema Castro de 3º A.
Realizan un traballo en PDF, baseado na publicidade do perfume Chanel nº 5 e a idealización da idade e a aparencia física.
Presenta un vídeo de animación con monecos de Play Mobil sobre unha situación de conflicto.









9.- Lucía Balay, Gonzalo Guillén e Hugo Congo de 3º B
Realizan un vídeo no que dramatizan una situación de celos.
10.- Darío Moreira de 3º B
PDF sobre as publicidades dos perfumes








lunes, 4 de marzo de 2019

mulleres con ciencia, conciencia de muller


Ola, 
Aquí tedes unha pequena mostra do estupendo traballo feito polo alumnado de 3º da eso, 
1º de bach e Electrotecnia. Grazas a el@s coñecemos un pouco máis da tarefa desenvolvida por distintas mulleres científicas, que son moitas!












martes, 26 de febrero de 2019

A EDUCACIÓN SEXUAL, 2ª PARTE

Logo do taller na aula, tocou repensar o aprendido e expresalo ao noso xeito. Deixovos eiquí algúns dos traballos do alumnado feitos con texturas
E tamén no lo contan eles e elas 

domingo, 17 de febrero de 2019

Somos 2, eu tamén conto!

As clases de 3º da ESO  están a traballar nas aulas as relacións de parella.
 Na primeira sesión traballarán  con conceptos básicos: amor, dependencia, parella, espazo persoal, individualidade...  Os mitos do amor romántico e con formas de evidenciar situación saudables e non saudables nas relacións de parella
Na 2ª sesión  tratarase o espazo persoal e o espazo relacional, os mitos e crenzas das relacións afectivas que xeran situacións de dependencia e opresión. Tomar contacto co espazo persoal e recoñecer e comprender o concepto de individualidade, e aprender a dicir NON
A 3ª sesión está enfocada a educación emocional.  Aprender que elementos debe ter unha relación sa, reflexionar cales deben ser as bases das relacións afectivas, coñecer o Bo Trato contra o Mal Trato e coñecer A pirámide da violencia de xénero




martes, 12 de febrero de 2019

E pronto terán o resultado

O alumnado de física e química están a facer  unha taboa periódica????
Deixo unhas fotos como aperitivo. Estou desexando ver o traballo finalizado!!


lunes, 11 de febrero de 2019

O amor non ten etiquetas....... e nos ...xa o sabemos👍

A EDUCACIÓN SEXUAL

E en decembro Yago de Querote + en A coruña contounos moitas cousas 
O proceso de sexualización que abarca toda a nosa vida , está en constante evolución . En este proceso, polo cal ímonos facendo mulleres e homes, é importante a educación sexual como unha forma mais de relación entre persoas . Este taller foi realizado nos catro grupos de 3º da ESO e os obxectivos foron:
 Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo
 Facilitar a posta en común e a reflexión sobre as dúbidas que poden existir respecto das prácticas eróticas e as relacións entre persoas
 Propiciar actitudes de empatía cara ás diferentes visións e formas de vivir a sexualidade  



Sensibilizando

e traballando a través do cómic   segue este link😀😀

A ter en conta...

Un novo recurso ...para todos e todas
Que é Quérote+? Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a mocidade. A mocidade pode realizar as súas consultas de forma confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima Vías de consulta:  Consultoría presencial e telefónica

Nos temos moi cerca  Quérote+ A Coruña Avd. Linares Rivas ,28 8º Teléfono: 981 223 913  pero tamén a páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais ou  Whatsapp e Telegram 647 018 752

Con esta actividade , o profesor de tecnoloxía, presentou e ao alumnado de 3º da ESO este novo recurso e como usalo .




Durante as sesións o alumnado traballou contestando  as preguntas da ficha Número 1, visitaron a páxina web vendo as diferentes posibilidades  deste programa da  Consellería de Política Social da Xunta de Galicia


http://xuventude.xunta.es/querote-mais

UNHAS VERBAS POLOS DEREITOS DE TODAS E ..........SILENCIO POLAS QUE FALTAN.....



Relación entre iguais

Sensibilizando

Sensible: adxectivo
Que é capaz de percibir sensacións a través dos sentidos, ou sentirse moralmente.
Que é capaz de ser movido pola beleza e valores estéticos ou sentimentos como o amor, a tenrura ou a compaixón. Unha persoa sensible á arte.

Traballando a relación entre iguais a través de cartaces


Un exemplo de Non e Non

Eiquí algùns dos nosos traballos