martes, 5 de abril de 2022

Ficha 6 CULTIVANDO HABILIDADES

Na materia de  Xeografía e historia o profesor  Javier Chao García  implementou a ficha número 6  nos grupos A e C.  Mentres que nos grupos de 3º da ESO B, D e E foi implementada pola profesora Patricia Ramos Díaz.

3º da ESO Grupos A e C
























3º da ESO Grupos B , D e E 

 

PROGRAMA QUÉROTE+

Ficha 6. CULTIVANDO HABILIDADES.

Ao longo do mes de abril, na materia de Xeografía e Historia dedicamos dúas sesións ao programa Quérote +.

Neste pequeno obradoiro de dúas sesións en cada unha das aulas, 3ºB, 3ºD e 3ºE, realizamos dúas dinámicas para traballar as Habilidades Sociais no ámbito afectivo-sexual.

Na primeira sesión o alumnado, sentado en círculo, elixía dúas persoas voluntarias para representar unha situación onde unha exerza presión sobre a outra, elixidos duns supostos entregados pola docente.

O obxectivo desta dinámica é analizar en gran grupo, diferentes situacións que viva o alumnado onde sinta presión colectiva. O importante é analizar como se reacciona cara esa presión e como podemos defender a nosa postura dun xeito asertivo. Ademais de compartir as emocións e sentimentos que nos xeran este tipo de situacións.



Alumando de 3ºD, realizando a dinámica: Defendemos a nosa postura.

 

Alumando de 3º E, logo da realización da actividade.



SEGUNDA SESIÓN

Na segunda sesión, o traballo xiraba en torno ao Consentimento nas relacións afectivo-sexuais.

Para elo, proxectábase un vídeo e o docente formulaba unha serie de preguntas que o alumnado debatía e reflexionaba en pequenos grupos, para finalmente realizar unha reflexión en gran grupo.

O importante nesta dinámica era analizar con que ferramentas contamos para unha relación entre iguais e en que momento das negociacións entre iguais unha relación pode comezar a tornarse asimétrica



Alumnado de 3ºB, debatendo en pequenos grupos.



Alumando de 3ºD, realizando a súa posta en común da actividade.

 

 

 

Ficha 5 : A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Dentro da materia de Tecnoloxía traballouse a ficha 5 nos grupos 3ºA, 3ºB, 3ºC, 3ºD, 3ºE e 3ºV cos seguintes obxectivos:

· Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións

· Potenciar o uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo

· Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.

A actividade desenvolveuse a través dun documento con vídeos e preguntas onde se presentan situacións a partir das que establecer un debate na aula. (ver vídeo adxunto)

Reflexionamos sobre:

1. As diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación a través das redes sociais. Destacouse a importancia do tono de voz, a expresión e o contacto físico como vantaxes da comunicación en persoa e as diferentes interpretacións que se poden facer dunha mesma conversa e que pode levar a malos entendidos nas redes sociais.

2. A importancia que se lle da ó “doble-check” en whatsapp.

3. A privacidade dos datos persoais/contraseñas.

4. Repasamos conceptos como ciberbulling e sexting.