domingo, 30 de enero de 2022

E volvemos a ter........... ASAMBLEAS

 



Eroticemos o Bo Trato


 

Ficha 3 A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL

  Xa implementamos a ficha 3 

Profesoras Silvia Candia y Eva Vérez

Obxectivos

 Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa

diversidade.

 Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de

identidade e/ou orientación sexual.


  






Segue os links

Instrucións: 

Imos deseñar un collage
Fai un debuxo preliminar (nunha folla)
Hai que pensar un título sobre diversidade / non discriminación 
Empregando  diferentes texturas as encolaremos sobre o noso debuxo.

E xa están eiquí os vosos traballos. Parabéns !!!!!



























domingo, 23 de enero de 2022

FICHA 2 A EDUCACIÓN SEXUAL

 Valores éticos    PROFESORA: Sara Domínguez García

 
FICHA 2: A EDUCACIÓN SEXUAL
 
Nesta segunda sesión estivemos detectando e resolvendo algunhas dúbidas en torno ás diferenzas existentes entre o sexo e o xénero, a identidade de xénero e a orientación sexual, e as características propias da sexualidade humana. Os estudantes tiveron ocasión de resolver as súas dúbidas grazas a nosa caixa de cuestións, onde de forma anónima expresaron os seus interrogantes. Grazas ao debate en común constituíuse un espazo de diálogo aberto e plural que espertou un gran interese no alumnado.