miércoles, 27 de julio de 2022

Alan Turing

 

                                   Alan Turing

 

 

Alan Turing terminó con su propia vida el 7 de junio de 1954. Mordió una manzana con cianuro y comió un bocado de ella. Una de la hipótesis de su muerte es  que lo hizo porque el gobierno británico lo castró químicamente, lo humilló y lo procesó por ser gay. Por esa razón  la leyenda más extendida y popular es que  hay una manzana mordida en el logo de Apple... En honor a Alan Turing. Inventó la ciencia de la computación y usando sus primeros diseños descifró el código Enigma - la máquina encriptada que los nazis y el ejército alemán utilizaron para comunicar comandos secretos entre sí durante la guerra mundial - como consecuencia salvó a millones de vidas humanas y nos trajo a la era moderna de la informática.

Nationalgeographic- Alan Turing

Este  mes del orgullo hemos ondeado la bandera arco iris por el centro y redecorado nuestro tablón con nuestros pensamientos y reflexiones pero lo que creeis más importante ( según vuestros propios escritos) es que " todo el mundo tiene derecho a ser feliz, amar a quien quiere amar y reconocer la destacada contribución que todo el mundo puede hacer en una sociedad libre de miedo o prejuicios”.
 
 

 
Os recomiendo esta película donde cuentan la película El Código Enigma/The Imitation Game donde se narra la carrera contrarreloj de Alan Turing (Benedict Cumberbatch) y su equipo de descifrado de códigos en su intento de romper el cifrado de su intento de romper el cifrado de la máquina Emigma  de la   Alemania Nazi

 
 
 
 
 

lunes, 13 de junio de 2022

FICHA 8 HOXE DAMOS A CLASE NÓS

 

 Minia Prego Cabeza profesora de Física e química implementou a FICHA 8 en todos os grupos de 3ª ESO 

Obxectivos
Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º
da ESO do centro ou cursos análogos.
Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para
facelo.

Desenvolvemento da actividade
Elaboración de materiais coa finalidade de introducir aqueles temas abordados durante
todo o ano a través das fichas e traballo en aula. Preténdese explicar deste xeito aos/
ás participantes que se van a elaborar unha serie de materais que serán presentados
presencialmente aos compañeiros de 2º curso

 


 


 








martes, 5 de abril de 2022

Ficha 6 CULTIVANDO HABILIDADES

Na materia de  Xeografía e historia o profesor  Javier Chao García  implementou a ficha número 6  nos grupos A e C.  Mentres que nos grupos de 3º da ESO B, D e E foi implementada pola profesora Patricia Ramos Díaz.

3º da ESO Grupos A e C
























3º da ESO Grupos B , D e E 

 

PROGRAMA QUÉROTE+

Ficha 6. CULTIVANDO HABILIDADES.

Ao longo do mes de abril, na materia de Xeografía e Historia dedicamos dúas sesións ao programa Quérote +.

Neste pequeno obradoiro de dúas sesións en cada unha das aulas, 3ºB, 3ºD e 3ºE, realizamos dúas dinámicas para traballar as Habilidades Sociais no ámbito afectivo-sexual.

Na primeira sesión o alumnado, sentado en círculo, elixía dúas persoas voluntarias para representar unha situación onde unha exerza presión sobre a outra, elixidos duns supostos entregados pola docente.

O obxectivo desta dinámica é analizar en gran grupo, diferentes situacións que viva o alumnado onde sinta presión colectiva. O importante é analizar como se reacciona cara esa presión e como podemos defender a nosa postura dun xeito asertivo. Ademais de compartir as emocións e sentimentos que nos xeran este tipo de situacións.



Alumando de 3ºD, realizando a dinámica: Defendemos a nosa postura.

 

Alumando de 3º E, logo da realización da actividade.



SEGUNDA SESIÓN

Na segunda sesión, o traballo xiraba en torno ao Consentimento nas relacións afectivo-sexuais.

Para elo, proxectábase un vídeo e o docente formulaba unha serie de preguntas que o alumnado debatía e reflexionaba en pequenos grupos, para finalmente realizar unha reflexión en gran grupo.

O importante nesta dinámica era analizar con que ferramentas contamos para unha relación entre iguais e en que momento das negociacións entre iguais unha relación pode comezar a tornarse asimétrica



Alumnado de 3ºB, debatendo en pequenos grupos.



Alumando de 3ºD, realizando a súa posta en común da actividade.

 

 

 

Ficha 5 : A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA

Dentro da materia de Tecnoloxía traballouse a ficha 5 nos grupos 3ºA, 3ºB, 3ºC, 3ºD, 3ºE e 3ºV cos seguintes obxectivos:

· Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións

· Potenciar o uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo

· Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.

A actividade desenvolveuse a través dun documento con vídeos e preguntas onde se presentan situacións a partir das que establecer un debate na aula. (ver vídeo adxunto)

Reflexionamos sobre:

1. As diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación a través das redes sociais. Destacouse a importancia do tono de voz, a expresión e o contacto físico como vantaxes da comunicación en persoa e as diferentes interpretacións que se poden facer dunha mesma conversa e que pode levar a malos entendidos nas redes sociais.

2. A importancia que se lle da ó “doble-check” en whatsapp.

3. A privacidade dos datos persoais/contraseñas.

4. Repasamos conceptos como ciberbulling e sexting.