Ficha 6: CULTIVANDO HABILIDADES
Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:
- Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
- Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
- Favorecer a comunicación entre o grupo.
Foi impartida durante o mes de febreiro por Enoc Domínguez Ojea, profesor do departamento de Educación Física.
Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado empregou a aula ordinaria, onde se colocaron en parellas ou en pequeno grupo para representar diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra.
Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas situacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario