martes, 16 de junio de 2026

Ficha 8

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:

 

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo. 

Foi impartida durante o mes de xuño por Sabela Prieto González, profesora do departamento de Lingua castelá e Literatura.

A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.

Nesta ocasión, os grupos de 3º da ESO elaboraron unha presentación que amosaron ante os compañeiros de 2º da ESO para darlles a coñecer os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+.


Ficha 7

 As profesoras Laura Borrajo e Iria Brandariz levaron a cabo a Ficha 7: "Aconcepción, concepción e ITS" na materia de Matemáticas, en tódolos grupos de 3º da ESO.

Nesta séptima ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS

Ficha 6


Ficha 6: CULTIVANDO HABILIDADES

Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
  • Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
  • Favorecer a comunicación entre o grupo.

Foi impartida durante o mes de febreiro por Enoc Domínguez Ojea, profesor do departamento de Educación Física.

Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado empregou a aula ordinaria, onde se colocaron en parellas ou en pequeno grupo para representar diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra. 

Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas situacións.