jueves, 18 de febrero de 2021

Ficha 4 : O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO

Esta ficha traballause   en dúas materias e por tres  profesoras en distintos grupos de 3º :


1.  FRANCÉS 1ª L.E. 3º ESO A

Profesora : Mª José Barreiro Seoane

Os clichés do amor romántico 
Introdución


As grandes historias de amor cinematográficas ou literarias e a música romántica son para nós un punto de referencia, mesmo sen ser conscientes diso e, por tanto, tamén a mensaxe que transmiten. Neste traballo analizamos con espírito crítico seis cancións románticas francesas desde os anos 40 ata os nosos días, buscando nas súas palabras os lugares comúns do amor romántico.


Desenvolvemento do traballo


Precisamos sete clichés que os alumnos e alumnas acompañaron de pequenos debuxos :


  1. O modelo da parella heterosexual, que concibe que o home é o que actúa e a muller o seu obxecto do desexo, a súa recompensa.
  2. A existencia dunha alma xemelga, a compatibilidade perfecta. Ademais, hai que atopala para ser feliz.
  3. O amor é para sempre, o amor é eterno.
  4. Non hai verdadeiro amor sen sufrimento. Sempre hai obstáculos que vencer.
  5. O amor nace dun frechazo, dunha paixón incontida.
  6. O amor xera dependencia emocional, perda de autonomía e de liberdade.
  7. Os celos deben existir nunha relación sentimental.

Seleccionamos seis cancións :

1947 – La vie en rose Édith Piaf

1959- Ne me quitte pas de Jaques Brel

1962- Tous les garçons et les filles de Françoise Hardy

1975 – Et si tu n’existais pas de Joe Dassin

2014- Ne m’oublie pas de Pablo Alborán

2019- Longtemps de Amir.

Os alumnos e as alumnas escoitaron as cancións, leron as letras e estudaron o vocabulario novo coa axuda da profesora e a asistente de francés. Aprenderon a cantar as preferidas polo grupo. A continuación, recortaron frases que foron pegando nunha táboa cos diferentes clichés, feita para tal fin, como se pode ver no documento audiovisual.

Conclusión

Como resultado desta análise, descubriron auténticas relacións tóxicas camufladas en belas palabras de amor e tamén a perspectiva dun amor idealizado que non se corresponde coa realidade diversa da nosa sociedade. Por tanto, conclúen que estes clichés non poden ser o modelo para construír unha relación amorosa harmoniosa, porque esta debe basearse no respecto mutuo, a liberdade, a confianza e a igualdade.









2. Mitos del amor romántico 3 eso A, B, D

Profesora : Rocio Rodríguez
Existen unha  serie de tópicos e mitos asociados ao amor romántico  que crean unha serie de
expectativas sobre  o noso alumnado como deben ser as relacións afectivas e tamén un estándar no comportamento de rapaces  e rapazas . Na aula exploramos e investigamos sobre as distintas mensaxes ,  eses tópicos, e velaquí  o noso traballo







Explicacion cientifica de que  el alma gemela no existe.














3 . Mitos del amor romántico 3 ESO V
Profesora : Carmen Edreira
Traballaron sobre letras de cancións  moi visitadas /descargadas e famosas en castelán e portugués , analizando as letras   descubrindo expresións  machistas  ou ofensivas  para o xénero feminino













miércoles, 10 de febrero de 2021

Canto por facer..!

 O sistema educativo actual só valora unhas poucas características do individuo sen ter en conta a nosa gran riqueza, que é a nosa diversidade. En definitiva, empéñase en facernos iguais cando a natureza nos quere distintos. Ademais, non nos ensina de forma axeitada o mundo que nos rodea e entendelo é esencial para ser máis libres. É por iso necesario un cambio radical de formas e contidos no ensino onde se poida quitar partido aos aspectos positivos que todos temos e nos axude a cultivar valores e calidades para facernos mellores cidadáns, máis xustos, responsables e felices. 


Profesor Ángel Carracedo Álvarez Presidente da Fundación INGADA

Ficha 4 O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO


E xa empezamos coa ficha 4
Obxectivos

 Analizar as mensaxes vencelladas ao modelo de amor romántico
 Visualizar a realidade da diversidade de formas de vivir e expresar o amor
 Potenciar as relacións igualitarias e respectuosas entre os sexos


A profesora Silvia Moledo Martínez na materia de música está a implementar esta ficha
Nesta actividade búscase que os mozos e mozas investiguen e exploren
en diferentes medios as mensaxes que recibimos
arredor do amor romántico.
Poderán elexir cancións, películas, series, libros ou algún anuncio publicitario e
realizarán a tarefa de modo grupal.








lunes, 8 de febrero de 2021

Ficha 3 A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL

 Xa implementamos a ficha 3 

Obxectivos

 Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa

diversidade.

 Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de

identidade e/ou orientación sexual.


 

¿QUÉ ES LA DIVERSIDAD SEXUAL? EXPLICACIÓN FÁCIL





Mira a campaña" no soy tu chiste"

Segue os links
un-paso-mas-en-la-defensa-de-la-diversidad/
Cortometraje: "Vestido Nuevo"
¿Quién soy?

Instrucións: 

Imos deseñar un collage
Fai un debuxo preliminar (nunha folla)
Hai que pensar un título sobre diversidade / non discriminación 
Empregando  diferentes texturas as encolaremos sobre o noso debuxo.
Unha vez que remates a túa imaxe, tes que escaneala e sobreescribir o teu título.



   


Axiña subiremos os traballos do alumnado!