sábado, 27 de abril de 2024

Ficha 4

O profesor José Luis Encinas Franco adicou dúas xornadas ao concepto de "amor romántico" co alumnado de 3º da ESO, dentro do programa Quérote da Consellería de Educación.

Comezaron coa procura da resposta a QUE É O AMOR ROMÁNTICO? e logo fixeron unha procura sobre os estereotipos que se reproducen en torno á idea de "Amor Romántico" en películas, series, debuxos infantís, cancións...etc.

O alumnado en xeral foi quen de identificar os aspectos negativos desas mensaxes e como poden repercutir nas relacións de parella.

Para rematar,vimos e comentamos uns vídeos nos que se exemplificaba o proceso polo que se chega á anulación da personalidade nunha parella tóxica.