miércoles, 22 de mayo de 2024

Ficha 5

Nesta quinta ficha os obxectivos son:

  • Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións.
  • Posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo.
  • Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.

A ficha 5 traballouse nos grupos de 3º ESO C e D que cursan a materia de Educación Dixital na última semana do mes de marzo.
Nunha primeira fase proxectouse unha presentación con vídeos e cuestións para iniciar o debate (enlace) sobre as seguintes cuestións:

  • Diferenzas entre a comunicación en persoa e a comunicación a través das redes sociais
  • A importancia que se lle da na sociedade actual á imaxe que temos nas redes sociais, a inmediatez nas respostas...
  •  Riscos de compartir os nosos datos en Internet e riscos do seu uso

Nunha segunda fase, propúxose a elaboración de infografías ou carteis sobre as normas básicas a ter en conta na relación entre sexos en Internet ou nas redes sociais. 


sábado, 27 de abril de 2024

Ficha 4

O profesor José Luis Encinas Franco adicou dúas xornadas ao concepto de "amor romántico" co alumnado de 3º da ESO, dentro do programa Quérote da Consellería de Educación.

Comezaron coa procura da resposta a QUE É O AMOR ROMÁNTICO? e logo fixeron unha procura sobre os estereotipos que se reproducen en torno á idea de "Amor Romántico" en películas, series, debuxos infantís, cancións...etc.

O alumnado en xeral foi quen de identificar os aspectos negativos desas mensaxes e como poden repercutir nas relacións de parella.

Para rematar,vimos e comentamos uns vídeos nos que se exemplificaba o proceso polo que se chega á anulación da personalidade nunha parella tóxica.

jueves, 1 de febrero de 2024

Ficha 3

 









 













Nesta terceira ficha os obxectivos son:

  • Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade.
  • Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación sexual.
  • Favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.

Esta ficha foi impartida polas profesoras Eva Vérez Cotelo, profesora de Educación Plástica e Visual,  e Sabela Prieto González, profesora de Lingua castelá e literatura.

Comenzouse coa visualización do vídeo "¿Qué es la orientación sexual? Explicación fácil" no que se explica a diversidade sexual partindo da idea de que o ser humano é un ser sexuado (con órgano sexual) e aclarando os conceptos máis importantes: sexo biolóxico, identidade sexual, orientación do desexo ou orientación sexual e expresión de xénero. 

Trala visualización do vídeo, puxéronse en común todas as dúbidas creando así un debate moi produtivo e interesante para o alumnado, posto que non tiña clara a diferenza entre os diversos conceptos nin a relación existente entre eles. A idea fundamental que extraemos deste vídeo é o respecto á diversidade.

Posteriormente, visionouse “Love has no labels”, vídeo onde distintos esqueletos humanos amosan os diversos tipos de amor. 

Fíxose de forma conxunta unha recopilación dos distintos amores que recoñecemos e reflexionamos sobre os inexistentes límites do amor.

Finalmente, cós conceptos establecidos e a colaboración de Eva Vérez, o alumnado adicou catro sesión a crear carteis que amosan respecto cara a diversidade sexual.

lunes, 15 de enero de 2024

Ficha 2

Nesta segunda ficha os obxectivos son:

  • Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo.
  • Achegar e clarificar conceptos relacionados co feito sexual humano.
  • Ampliar a visión da sexualidade no alumnado que favoreza actitudes e condutas saudables e respectuosas.
  • Abrir unha canle de comunicación co profesorado respecto das dúbidas referentes á sexualidade que haxa na aula.

Traballamos co alumnado de 3º o que se entende por SEXUALIDADE para tentar desenvolver unha definición amplia e exahistiva da maesma. Partindo das ideas que ten o alumnado sobre o que é a Sexualidade, as cales escribiron nunha folla e recollimos na pizarra. Con elas, creamos unha primeira definición que serviu como punto de partida para o debate e o intercambio de ideas. Tentamos aportar unha visión do SEXO/SEXUALIDADE que trascenda o xenital e o coital, atendendo a todas as esferas relacionadas coas persoas, a sua evolución e diversidade.

jueves, 11 de enero de 2024

Ficha 1

 

Ficha 1 Presentación

 Imos coñecer ...

  •  Os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
  • De que vai o noso proxecto 

Eva Vérez  e Sabela Prieto , profesoras de Educación Plástica V e AU e Lingua Castelá e literatura

curso 23-24

Para o curso 3ºESO  

Traballarase en 8 diferentes materias ao longo do curso


Tedes aceso  ao noso proxecto a través de:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

https://querotemaisdeleusebio.blogspot.com/

É un proxecto da

 




FICHA 1

PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+

Profesora:  Eva Vérez  e  Sabela Prieto

Materia Educación Plástica Visual e Audiovisual Lingua Castelá e literatura


Que é Quérote+?
Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a
mocidade. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de forma
confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das
diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo
de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima
Vías de consulta:
 Consultoría presencial e telefónica

 

Quérote+ A Coruña

 Avd. Linares Rivas ,28 8º
 Teléfono: 981 223 913

Quérote+ Lugo

Complexo Xuvenil LUG II, Rúa Pintor Corredoira, 4
Teléfono 982 241 732

Quérote+ Ourense

Casa da Xuventude - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 4º
Teléfono 988 231 740

Quérote+ Vigo

Rúa da Ferrería, 41
Teléfono 986 095 977

Quérote+ Santiago

Rúa Ramón Piñeiro, 19
Teléfono 881 997 613


 Consultoría a través da páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais
 Consultoría a través de Whatsapp e Telegram 647 018 752
 Consultoría a través de videochamada a través de Whatsapp e Skype
querotemais.videochamada


Obxectivos DA FICHA 1 

Dar a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
Actividade


ÁREA DE CONSULTAS
Para acceder ás consultas en liña hai que premer no cadro “Formula a túa dúbida”.




FORMULARIO DE CONSULTAS
Todas as consultas son anónimas e confidenciais. Os datos solicitados no formulario son de carácter estatístico. Para realizar unha consulta é preciso cubrir os campos (que teñen asterisco) e redactar a pregunta. Ao final aparece un código que terá que ser gardado, xa que é a clave de acceso que se solicitará para acceder á resposta.
As dúbidas resolveranse nun prazo de 48 horas (sen contar fins de semana e/ou festivos). Para acceder á resposta haberá que premer no cadro “Resposta á túa dúbida” que nos levará a un novo formulario para introducir o código específico da consulta.
Os contidos que figuran na internet non sempre son verídicos e científicos, polo que é importante potenciar o espírito crítico para que as achegas sexan o máis positivas e produtivas posibles e dar a coñecer recursos profesionais e científicos nos que poder consultar dúbidas. 

Cando buscamos información en internet  debemos  cuestionar quen está detrás desas respostas e en que medida e situacións determinadas damos por válidas esas respostas .





Información procedente de 



Poñendo a Ficha 1 en Práctica  nos distintos grupos

lunes, 26 de junio de 2023

Ficha 8

 

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.

Foi impartida durante o mes de xuño por Laura Horta Romarís, profesora do departamento de Física e Química.

A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.

Nesta ocasión tres grupos de 3º ESO elaboraron diferentes materiais coa finalidade de introducir os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+ nos compañeiros de 2º da ESO. 

Cada un dos grupos elaborou os seguientes materiais:
  • Unha presentación. 
  • Un póster que se fixou no taboleiro das aulas.



Para elaborar os materiais adicáronse 3 sesións na aula de informática e as presentacións nas aulas de 2º ESO A,B e D tiveron lugar os días 16 e 19 de xuño.

Durante as exposicións os grupos puxeron casos prácticos nos que se analizaban mitos sobre a educación sexual e sobre relacións tóxicas. Os rapaces e rapazas de 3º ESO encontraron moi satisfactoria a experiencia de expoñer e resolver dúbidas plantexadas.



viernes, 23 de junio de 2023

Ficha 7

 

Ficha 7: ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN

Nesta séptima ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS

Foi impartida na materia de Proxecto Competencial por María José Rivas Díaz e Abel Fernández Maroño, profesores do departamento de Xeografía e Historia, empregando a seguinte unidade didáctica: