Nesta quinta ficha os obxectivos son:
- Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións.
- Posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo.
- Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.
A ficha 5 traballouse nos grupos de 3º ESO C e D que cursan a materia de Educación Dixital na última semana do mes de marzo.
Nunha primeira fase proxectouse unha presentación con vídeos e cuestións para iniciar o debate (enlace) sobre as seguintes cuestións:
- Diferenzas entre a comunicación en persoa e a comunicación a través das redes sociais
- A importancia que se lle da na sociedade actual á imaxe que temos nas redes sociais, a inmediatez nas respostas...
- Riscos de compartir os nosos datos en Internet e riscos do seu uso
Nunha segunda fase, propúxose a elaboración de infografías ou carteis sobre as normas básicas a ter en conta na relación entre sexos en Internet ou nas redes sociais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario