Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS
Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:
- Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
- Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.
Foi impartida durante o mes de xuño por Laura Horta Romarís, profesora do departamento de Física e Química.
A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.
Nesta ocasión tres grupos de 3º ESO elaboraron diferentes materiais coa finalidade de introducir os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+ nos compañeiros de 2º da ESO.
Cada un dos grupos elaborou os seguientes materiais:
- Unha presentación.
- Un póster que se fixou no taboleiro das aulas.
Durante as exposicións os grupos puxeron casos prácticos nos que se analizaban mitos sobre a educación sexual e sobre relacións tóxicas. Os rapaces e rapazas de 3º ESO encontraron moi satisfactoria a experiencia de expoñer e resolver dúbidas plantexadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario