miércoles, 18 de noviembre de 2020

Ficha 1 Presentación


Imos coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

Eva Vérez , profesora de Educación Plástica V e AU

curso 20-21

Para o curso 3ºESO  

Traballarase en 11 materias ao longo do curso


Tedes aceso  ao noso proxecto a través de:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

https://querotemaisdeleusebio.blogspot.com/

É un proxecto da




FICHA 1

PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+

Profesora Eva Vérez

Materia Educación Plástica Visual e Audiovisual


Que é Quérote+?
Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a
mocidade. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de forma
confidencial e anónima
ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das
diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo
de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima
Vías de consulta:
Consultoría presencial e telefónica

 

Quérote+ A Coruña

 Avd. Linares Rivas ,28 8º
 Teléfono: 981 223 913

Quérote+ Lugo

Complexo Xuvenil LUG II, Rúa Pintor Corredoira, 4
Teléfono 982 241 732

Quérote+ Ourense

Casa da Xuventude - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 4º
Teléfono 988 231 740

Quérote+ Vigo

Rúa da Ferrería, 41
Teléfono 986 095 977

Quérote+ Santiago

Rúa Ramón Piñeiro, 19
Teléfono 881 997 613











Consultoría a través da páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais
Consultoría a través de Whatsapp e Telegram 647 018 752
Consultoría a través de videochamada a través de Whatsapp e Skype
querotemais.videochamada




Obxectivos DA FICHA 1 

Dar a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
Actividade


http://xuventude.xunta.es/

ÁREA DE CONSULTAS
Para acceder ás consultas en liña hai que premer no cadro “Formula a túa dúbida”.





FORMULARIO DE CONSULTAS
Todas as consultas son anónimas e confidenciais. Os datos solicitados no formulario son de carácter estatístico. Para realizar unha consulta é preciso cubrir os campos (que teñen asterisco) e redactar a pregunta. Ao final aparece un código que terá que ser gardado, xa que é a clave de acceso que se solicitará para acceder á resposta.
As dúbidas resolveranse nun prazo de 48 horas (sen contar fins de semana e/ou festivos). Para acceder á resposta haberá que premer no cadro “Resposta á túa dúbida” que nos levará a un novo formulario para introducir o código específico da consulta.
Os contidos que figuran na internet non sempre son verídicos e científicos, polo que é importante potenciar o espírito crítico para que as achegas sexan o máis positivas e produtivas posibles e dar a coñecer recursos profesionais e científicos nos que poder consultar dúbidas. 

Cando buscamos información en internet  debemos  cuestionar quen está detrás desas respostas e en que medida e situacións determinadas damos por válidas esas respostas .





Información procedente de https://libraria.xunta.gal/es/plan-proxecta-educacion-sexual-curso-202021






sábado, 24 de octubre de 2020

E como norma.... o RESPECTO: 11 de outubro Día internacional da saída do armario


 Neste vídeo explícanse, sen profundizar, as siglas LGBT, así como a importancia da celebración desta data.

Tamén se dan as instrucción de como participar no grupo "Iguais na diversidade" do IESP Eusebio da Guarda da Coruña.

Benvida ao curso 20-21

TI+EU.O desenvolvemento afectivo-sexual

A importancia da sexualidade vai máis alá do coñecemento puramente biolóxico ou do tipo de métodos anticonceptivos existentes, pois explica procesos tan trascendentais coma a construcción da identidade de xénero ou o establecemento de relación afectivas positivas ou negativas.


Se pretendemos construir unha sociedade na que mulleres e homes poidamos convivir en igualdade é imprescindible proporcionar aos nosos alumnos unha educación afectivo-sexual integral, o que permitirá favorecer a construcción dunha sociedade máis igualitaria.


Os nosos obxectivos son:



  • Estimular a autoestima positiva.
  • Potenciar a construcción dun coñecemento que posibilite unha explicación crítica da sexualidade humana e o xénero.
  • Favorecer a integración das dimensións sociais, culturais, psicolóxicas, biolóxicas, afectivas e morais de cada un dos temas de aprendizaxe.
  • Establecer actitudes, ideoloxías e valores ante a sexualidade que permitan entender ésta como unha forma de relación e comunicación satisfactoria e placenteira.
  • Romper os tabús, mitos e medos transmitidos pola tradición cultural.
  • Potenciar unha construcción dos afectos exenta de estereotipos de xénero.
  • Fomentar o respecto cara a diversidade sexual
  • Recoñecer estereotipos de xénero


Este curso imos traballar 12 profesores/as  do Instituto co fin de integrar o proxecto no currículo de todas as materias

O dito , Benvidos , Benvidas, Benvides!


jueves, 4 de junio de 2020

FICHA 4 O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO en francés

Trabajos realizados en la clase de francés con la profesora Chus Quintáns




Paula , Rosalía, Guillermo y Nerea




Irene y Clara