TI+EU.O desenvolvemento afectivo-sexual
A importancia da sexualidade vai máis alá do coñecemento puramente biolóxico ou do tipo de métodos anticonceptivos existentes, pois explica procesos tan trascendentais coma a construcción da identidade de xénero ou o establecemento de relación afectivas positivas ou negativas.
Se pretendemos construir unha sociedade na que mulleres e homes poidamos convivir en igualdade é imprescindible proporcionar aos nosos alumnos unha educación afectivo-sexual integral, o que permitirá favorecer a construcción dunha sociedade máis igualitaria.
Os nosos obxectivos son:
- Estimular a autoestima positiva.
- Potenciar a construcción dun coñecemento que posibilite unha explicación crítica da sexualidade humana e o xénero.
- Favorecer a integración das dimensións sociais, culturais, psicolóxicas, biolóxicas, afectivas e morais de cada un dos temas de aprendizaxe.
- Establecer actitudes, ideoloxías e valores ante a sexualidade que permitan entender ésta como unha forma de relación e comunicación satisfactoria e placenteira.
- Romper os tabús, mitos e medos transmitidos pola tradición cultural.
- Potenciar unha construcción dos afectos exenta de estereotipos de xénero.
- Fomentar o respecto cara a diversidade sexual
- Recoñecer estereotipos de xénero
Este curso imos traballar 12 profesores/as do Instituto co fin de integrar o proxecto no currículo de todas as materias
O dito , Benvidos , Benvidas, Benvides!
No hay comentarios:
Publicar un comentario