Imos coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
curso 20-21
Para o curso 3ºESO
Traballarase en 11 materias ao longo do curso
Tedes aceso ao noso proxecto a través de:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/
https://querotemaisdeleusebio.blogspot.com/
É un proxecto da
FICHA 1 |
PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+ |
Profesora Eva Vérez
Materia Educación Plástica Visual e Audiovisual
Que
é Quérote+?
Os
centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude,
Participación e
Voluntariado
son un recurso público de información e asesoramento para
a
mocidade. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de
forma
confidencial e anónima ao equipo de profesionais de
Quérote+ a través das
diferentes vías de contacto, nas
temáticas de sexualidade, prevención do consumo
de substancias,
convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima
Vías de
consulta:
Consultoría
presencial e telefónica
Quérote+ A Coruña |
Avd. Linares Rivas ,28
8º |
Quérote+ Lugo |
Complexo
Xuvenil LUG II, Rúa Pintor Corredoira, 4 |
Quérote+ Ourense |
Casa
da Xuventude - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 4º |
Quérote+ Vigo |
Rúa
da Ferrería, 41 |
Quérote+ Santiago |
Rúa
Ramón Piñeiro, 19 |
Consultoría
a través da páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais
Consultoría
a través de Whatsapp e Telegram 647 018 752
Consultoría
a través de videochamada a través de Whatsapp e
Skype
querotemais.videochamada
Obxectivos DA FICHA 1
Dar
a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría,
INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
Actividade
ÁREA
DE CONSULTAS
Para acceder ás consultas en liña hai que premer no
cadro “Formula a túa dúbida”.
FORMULARIO DE CONSULTAS
Todas as consultas son anónimas e confidenciais. Os datos solicitados no formulario son de carácter estatístico. Para realizar unha consulta é preciso cubrir os campos (que teñen asterisco) e redactar a pregunta. Ao final aparece un código que terá que ser gardado, xa que é a clave de acceso que se solicitará para acceder á resposta.
As dúbidas resolveranse nun prazo de 48 horas (sen contar fins de semana e/ou festivos). Para acceder á resposta haberá que premer no cadro “Resposta á túa dúbida” que nos levará a un novo formulario para introducir o código específico da consulta.
Os contidos que figuran na internet non sempre son verídicos e científicos, polo que é importante potenciar o espírito crítico para que as achegas sexan o máis positivas e produtivas posibles e dar a coñecer recursos profesionais e científicos nos que poder consultar dúbidas.
Cando buscamos información en internet debemos cuestionar quen está detrás desas respostas e
en que medida e situacións determinadas damos por válidas esas
respostas .
Información procedente de https://libraria.xunta.gal/es/plan-proxecta-educacion-sexual-curso-202021
No hay comentarios:
Publicar un comentario