miércoles, 1 de abril de 2020
lunes, 3 de febrero de 2020
Actividad de presentación del programa Ficha1
Que é Quérote+?
Os centros Quérote+ pertencen á Dirección Xeral de Xuventude, Participación
e Voluntariado.
Son un recurso público de información e asesoramento para
a mocidade.
A mocidade pode realizar as súas consultas de forma
confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través
das diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do
consumo de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima
Vías de consulta:
Consultoría presencial e telefónica
Quérote+ A Coruña
Avd. Linares Rivas ,28 8º
Teléfono: 981 223 913
martes, 26 de noviembre de 2019
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
curso 19-20
BENVIDOS
CURSO 19-20
NESTE CURSO TRABALLAREMOS :
FICHA
1 PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+
FICHA
2 A EDUCACIÓN SEXUAL
FICHA
3 A ORIENTACIÓN DO DESEXO E A IDENTIDADE SEXUAL
FICHA
4 O MODELO DE AMOR ROMÁNTICO
FICHA
5 A RELACIÓN DOS SEXOS A TRAVÉS DA TECNOLOXÍA
FICHA
6 CULTIVANDO HABILIDADES
FICHA
7 ACONCEPCIÓN E CONCEPCIÓN
FICHA
8 HOXE DAMOS A CLASE NÓS
Tedes
toda a información do programa en
Profesorado implicado neste proxecto :
Eva María Vérez Cotelo Debuxo Coord.
María Rocío Rodríguez Ferreiro Filosofía
Jesús Serna Arnaiz Física e química
Mª Dolores Blanco Vieites Física e química
Adriana Domínguez Pérez Inglés
Manuel Varela Domínguez Bioloxía e xeoloxía
María Jesús Quintans Rodríguez Francés
jueves, 27 de junio de 2019
E en Música...
Traballando na aula.... cultivando habilidades. Ficha 6
O alumnado séntase en círculo e dous voluntarios/as representarán unha situación
O alumnado séntase en círculo e dous voluntarios/as representarán unha situación
na
que un/a exercerá presión sobre outra persoa, collendo como
exemplos, as
situacións
que se presentan na ficha .Tras a representación, o grupo
reflecionaron sobre como se sentiron e chegaron a conclusión que se
necesita fomentar a autoestima para non ceder ante a presión que
exercen os máis fortes, e que é necesario saber valorarse maís e
buscar axuda, cando se necesite.
O
traballo levouse a cabo durante a ultima avaliación e levou unha
sesión para o debate e visionado do video “A primeira vez” e
outra sesión para a elaboración do traballo e elección da
actividade que consisiu en buscar por un lado cancións, das que eles
escoitan a cotio, que fomenten a mensaxe positiva, e un video de
apoio a todos.
martes, 25 de junio de 2019
Ficha 4: O amor romántico
Ficha 4: O amor romántico
Visión do amor romántico a través da historia en poemas e cancións.
Na clase de 3º V-PMAR, ao longo dos tres trimestres do curso desenvolvemos actividades, en lingua galega e castelá, dentro do Plan Proxecta QUÉROTE+/TI+EU, co obxectivo concreto de reflexionar sobre a visión social que existiu do papel de muller e home e o amor romántico, a visión da sexualidade e da parella, a través do tempo ata a actualidade.
No primeiro trimestre, traballamos a visión do amor que aparecía nas cantigas medievais galego-portuguesas, tanto nas cantigas de amigo, como nas cantigas de amor, como nas cantigas de escarnio e maldicir, compoñendo unha visión de diferentes ángulos que nos acercaba á visión da convención literaria fronte á visión máis cercana á realidade das últimas.
O alumnado levou a cabo a tarefa de elixir os seus poemas amorosos preferidos e elaborar manualmente a súa libreta de cantigas.
Velaiquí algún exemplo:
Velaiquí algún exemplo:
No segundo trimestre, traballamos cal era a visión que presentaban das relacións entre home e muller os contos tradicionais.
Como resultado, o alumnado do grupo decidiu reinterpretar o conto de "Brancaneves e os sete ananos" para o Entroido, á luz do traballado na aula.
O resultado foi premiado no Certame de Carautas de Entroido,
Finalmente, no terceiro trimestre, o alumnado de 3º V traballou a visión do amor, das relacións de parella e de home e muller e a sexualidade, tal e como aparecen reflexadas nas cancións que escoitan no seu día a día.
Despois de examinadas un número máis extenso de cancións, segundo o gusto de cadaquén, escolleron exemplos de cancións que presentan visións desta realidade bastante chamativas para facer un exame máis pormenorizado das mesmas.
Presentaron os traballos, individuais ou colaborativos, ao conxunto da aula, e as conclusións acerca desas visións do amor romántico nalgunhas cancións actuais, finalizando co curso escolar 2018/19 as actividades deste Plan Proxecta 3º ESO-QUÉROTE+/TI+EU.
https://issuu.com/e.verez/docs/trabajo_proyecta__1_.pptx
https://issuu.com/e.verez/docs/traballo_de_lingua__1_.pptx
https://issuu.com/e.verez/docs/trabajo_proyecta__1_.pptx
https://issuu.com/e.verez/docs/traballo_de_lingua__1_.pptx
miércoles, 15 de mayo de 2019
Aconcepción e concepción. Traballando a ficha 7
Dende
o 22 de abril ata o 3 de maio,os alumnos de bioloxía e xeoloxía de 3º ESO dos
grupos A, B, C e D participaron no desenvolvemento da actividade: "Aconcepción
e concepción" dentro do programa de Educación Sexual do plan Proxecta-Quérote+,
contribuíndo deste xeito ao coñecemento da erótica persoal potenciando o uso do
preservativo como método de protección ante embarazos non planificados e ITS.
Na
primeira sesión os alumnos acudiron ao aula de informática e organizáronse en
grupos de 4 para elaborar un listado con 10 prácticas "aconceptivas",
é dicir, 10 maneiras de ter relacións eróticas que non impliquen posibilidade
de embarazo.
A
continuación, puxeron en común as súas propostas na lousa e finalmente
apuntaron tamén noutra columna as prácticas "conceptivas", aquelas
que comportan posibilidade de embarazo.
Na
segunda parte da sesión, os mesmos grupos fixeron unha procura de información
fiable na rede na páxina web http://querote.org/afondo/apartado.php?id_l=043&lg=gal coa que elaboraron un breve documento
coas principais características dos métodos anticonceptivos e ITS.
Na
segunda sesión, os alumnos expuxeron oralmente no aula o contido do documento
elaborado previamente sobre os métodos anticonceptivos e ITS.
A
actividade remata coa participación dos mesmos nun divertido xogo a través da
páxina web Unicef: Xogo Concondon (http://juegoconcondon.com/), quen consiga máis puntos en 30 segundos
gañaaa!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















