Dende
o 22 de abril ata o 3 de maio,os alumnos de bioloxía e xeoloxía de 3º ESO dos
grupos A, B, C e D participaron no desenvolvemento da actividade: "Aconcepción
e concepción" dentro do programa de Educación Sexual do plan Proxecta-Quérote+,
contribuíndo deste xeito ao coñecemento da erótica persoal potenciando o uso do
preservativo como método de protección ante embarazos non planificados e ITS.
Na
primeira sesión os alumnos acudiron ao aula de informática e organizáronse en
grupos de 4 para elaborar un listado con 10 prácticas "aconceptivas",
é dicir, 10 maneiras de ter relacións eróticas que non impliquen posibilidade
de embarazo.
A
continuación, puxeron en común as súas propostas na lousa e finalmente
apuntaron tamén noutra columna as prácticas "conceptivas", aquelas
que comportan posibilidade de embarazo.
Na
segunda parte da sesión, os mesmos grupos fixeron unha procura de información
fiable na rede na páxina web http://querote.org/afondo/apartado.php?id_l=043&lg=gal coa que elaboraron un breve documento
coas principais características dos métodos anticonceptivos e ITS.
Na
segunda sesión, os alumnos expuxeron oralmente no aula o contido do documento
elaborado previamente sobre os métodos anticonceptivos e ITS.
A
actividade remata coa participación dos mesmos nun divertido xogo a través da
páxina web Unicef: Xogo Concondon (http://juegoconcondon.com/), quen consiga máis puntos en 30 segundos
gañaaa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario