Na materia de Xeografía e historia o profesor Javier Chao García implementou a ficha número 6 nos grupos A e C. Mentres que nos grupos de 3º da ESO B, D e E foi implementada pola profesora Patricia Ramos Díaz.
3º da ESO Grupos A e C
3º da ESO Grupos B , D e E
PROGRAMA QUÉROTE+
Ficha 6. CULTIVANDO HABILIDADES.
Ao longo do mes de abril, na materia de Xeografía e Historia dedicamos dúas sesións ao programa Quérote +.
Neste pequeno obradoiro de dúas sesións en cada unha das aulas, 3ºB, 3ºD e 3ºE, realizamos dúas dinámicas para traballar as Habilidades Sociais no ámbito afectivo-sexual.
Na primeira sesión o alumnado, sentado en círculo, elixía dúas persoas voluntarias para representar unha situación onde unha exerza presión sobre a outra, elixidos duns supostos entregados pola docente.
O obxectivo desta dinámica é analizar en gran grupo, diferentes situacións que viva o alumnado onde sinta presión colectiva. O importante é analizar como se reacciona cara esa presión e como podemos defender a nosa postura dun xeito asertivo. Ademais de compartir as emocións e sentimentos que nos xeran este tipo de situacións.
Alumando de 3ºD, realizando a dinámica: Defendemos a nosa postura.
Alumando de 3º E, logo da realización da actividade.
SEGUNDA SESIÓN
Na segunda sesión, o traballo xiraba en torno ao Consentimento nas relacións afectivo-sexuais.
Para elo, proxectábase un vídeo e o docente formulaba unha serie de preguntas que o alumnado debatía e reflexionaba en pequenos grupos, para finalmente realizar unha reflexión en gran grupo.
O importante nesta dinámica era analizar con que ferramentas contamos para unha relación entre iguais e en que momento das negociacións entre iguais unha relación pode comezar a tornarse asimétrica
Alumnado de 3ºB, debatendo en pequenos grupos.
Alumando de 3ºD, realizando a súa posta en común da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario