Dentro da materia de Tecnoloxía traballouse a ficha 5 nos grupos 3ºA, 3ºB, 3ºC, 3ºD, 3ºE e 3ºV cos seguintes obxectivos:
· Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións
· Potenciar o uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo
· Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.
A actividade desenvolveuse a través dun documento con vídeos e preguntas onde se presentan situacións a partir das que establecer un debate na aula. (ver vídeo adxunto)
Reflexionamos sobre:
1. As diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación a través das redes sociais. Destacouse a importancia do tono de voz, a expresión e o contacto físico como vantaxes da comunicación en persoa e as diferentes interpretacións que se poden facer dunha mesma conversa e que pode levar a malos entendidos nas redes sociais.
2. A importancia que se lle da ó “doble-check” en whatsapp.
3. A privacidade dos datos persoais/contraseñas.
4. Repasamos conceptos como ciberbulling e sexting.
No hay comentarios:
Publicar un comentario