As clases de 3º da ESO están a traballar nas aulas as relacións de parella.
Na primeira sesión traballarán con conceptos básicos: amor, dependencia, parella, espazo persoal, individualidade... Os mitos do amor romántico e con formas de evidenciar situación saudables e non saudables nas relacións de parella
Na 2ª sesión tratarase o espazo persoal e o espazo relacional, os mitos e crenzas das relacións afectivas que xeran situacións de dependencia e opresión. Tomar contacto co espazo persoal e recoñecer e comprender o concepto de individualidade, e aprender a dicir NON
A 3ª sesión está enfocada a educación emocional. Aprender que elementos debe ter unha relación sa, reflexionar cales deben ser as bases das relacións afectivas, coñecer o Bo Trato contra o Mal Trato e coñecer A pirámide da violencia de xénero
No hay comentarios:
Publicar un comentario