Empezamos a andaina co PLan Proxecta-Quérote+ no pasado mes de outubro. Estivemos traballando nas aulas co alumnado e agora imos xuntar os traballos para facelos públicos neste blogue.
Este curso somos nove profesores/as os participantes de distintas materias.
O noso proxecto está basado nos criterios básicos do programa:
- O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento.
- O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos.
- A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais.
- A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula.
- A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario