Os obxectivos desta 3ª ficha son os seguintes:
- Potenciar a convivencia respectuosa e harmónica entre os sexos na súa diversidade.
- Contribuír á eliminación de calquera tipo de discriminación por cuestión de identidade e/ou orientación sexual.
- Favorecer a comprensión dos conceptos de identidade e orientación por parte do alumnado.
Esta ficha foi impartida polas profesoras Eva Vérez Cotelo e Paula López Lagares, profesoras de Educación Plástica e Visual nos cinco grupos de 3º.
Comenzouse coa visualización do vídeo "¿Qué es la orientación sexual? Explicación fácil" Video, no que se explica a diversidade sexual partindo da idea de que o ser humano é un ser sexuado (con órgano sexual) e aclarando os conceptos máis importantes: sexo biolóxico, identidade sexual, orientación do desexo ou orientación sexual e expresión de xénero.
Trala visualización do vídeo, puxéronse en común todas as dúbidas creando así un debate moi produtivo e interesante para o alumnado, posto que non tiña clara a diferenza entre os diversos conceptos nin a relación existente entre eles.
Un porcentaxe moi baixo 2% do alumnado mostrou o seu desagrado polo tema e a creencia en que se lles estaba "adoctrinando". Traballouse na idea fundamental que extraemos deste vídeo é o respecto á diversidade.
Posteriormente, visionouse “Love has no labels”, vídeo onde distintos esqueletos humanos amosan os diversos tipos de amor.
Fíxose de forma conxunta unha recopilación dos distintos amores que recoñecemos e reflexionamos sobre os inexistentes límites do amor.
Finalmente, cós conceptos establecidos e a colaboración de Eva Vérez, e Paula Lagares o alumnado adicou dúas sesións a crear carteis que amosan respecto cara a diversidade sexual.
Segue os links
Imos deseñar unha imaxe collage /técnica mixta.
Fai un debuxo preliminar (nunha folla A3)
Hai que pensar un título sobre diversidade / non discriminación
Fai un debuxo preliminar (nunha folla A3)
Hai que pensar un título sobre diversidade / non discriminación
Empregando diferentes texturas as encolaremos sobre o noso debuxo.
Pequeno grupo.
Ideas
No hay comentarios:
Publicar un comentario