Valores éticos PROFESORA: Sara Domínguez García
FICHA 2: A EDUCACIÓN SEXUAL
Nesta segunda sesión estivemos detectando e resolvendo algunhas dúbidas en torno ás diferenzas existentes entre o sexo e o xénero, a identidade de xénero e a orientación sexual, e as características propias da sexualidade humana. Os estudantes tiveron ocasión de resolver as súas dúbidas grazas a nosa caixa de cuestións, onde de forma anónima expresaron os seus interrogantes. Grazas ao debate en común constituíuse un espazo de diálogo aberto e plural que espertou un gran interese no alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario