Esta ficha traballause en dúas materias e por tres profesoras en distintos grupos de 3º :
Profesora : Mª José Barreiro Seoane
Os clichés do amor romántico
Introdución
As grandes historias de amor cinematográficas ou literarias e a música romántica son para nós un punto de referencia, mesmo sen ser conscientes diso e, por tanto, tamén a mensaxe que transmiten. Neste traballo analizamos con espírito crítico seis cancións románticas francesas desde os anos 40 ata os nosos días, buscando nas súas palabras os lugares comúns do amor romántico.
Desenvolvemento do traballo
Precisamos sete clichés que os alumnos e alumnas acompañaron de pequenos debuxos :
- O modelo da parella heterosexual, que concibe que o home é o que actúa e a muller o seu obxecto do desexo, a súa recompensa.
- A existencia dunha alma xemelga, a compatibilidade perfecta. Ademais, hai que atopala para ser feliz.
- O amor é para sempre, o amor é eterno.
- Non hai verdadeiro amor sen sufrimento. Sempre hai obstáculos que vencer.
- O amor nace dun frechazo, dunha paixón incontida.
- O amor xera dependencia emocional, perda de autonomía e de liberdade.
- Os celos deben existir nunha relación sentimental.
Seleccionamos seis cancións :
1947 – La vie en rose Édith Piaf
1959- Ne me quitte pas de Jaques Brel
1962- Tous les garçons et les filles de Françoise Hardy
1975 – Et si tu n’existais pas de Joe Dassin
2014- Ne m’oublie pas de Pablo Alborán
2019- Longtemps de Amir.
Os alumnos e as alumnas escoitaron as cancións, leron as letras e estudaron o vocabulario novo coa axuda da profesora e a asistente de francés. Aprenderon a cantar as preferidas polo grupo. A continuación, recortaron frases que foron pegando nunha táboa cos diferentes clichés, feita para tal fin, como se pode ver no documento audiovisual.
Conclusión
Como resultado desta análise, descubriron auténticas relacións tóxicas camufladas en belas palabras de amor e tamén a perspectiva dun amor idealizado que non se corresponde coa realidade diversa da nosa sociedade. Por tanto, conclúen que estes clichés non poden ser o modelo para construír unha relación amorosa harmoniosa, porque esta debe basearse no respecto mutuo, a liberdade, a confianza e a igualdade.
2. Mitos del amor romántico 3 eso A, B, D
Profesora : Rocio Rodríguez
Existen unha serie de tópicos e mitos asociados ao amor romántico que crean unha serie de
expectativas sobre o noso alumnado como deben ser as relacións afectivas e tamén un estándar no comportamento de rapaces e rapazas . Na aula exploramos e investigamos sobre as distintas mensaxes , eses tópicos, e velaquí o noso traballo
3 . Mitos del amor romántico 3 ESO V
Profesora : Carmen Edreira
Traballaron sobre letras de cancións moi visitadas /descargadas e famosas en castelán e portugués , analizando as letras descubrindo expresións machistas ou ofensivas para o xénero feminino
No hay comentarios:
Publicar un comentario