jueves, 20 de junio de 2024

Ficha 8

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.

Foi impartida durante o mes de xuño por Minia Prego Cabeza, profesora do departamento de Física e Química.

A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.

Nesta ocasión os grupos de 3º ESO elaboraron unha presentación que presentaron ante os compañeiros de 2º da ESO para darlles a coñecer os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+.


Ficha 7

Nesta séptima ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS

Foi impartida na materia de Proxecto Competencial por María José Rivas Díaz, profesora de Xeografía e Historia, e na de Oratoria por Sabela Prieto González, profesora de Lingua Castelá e Literatura. 


Ficha 6



Ficha 6: CULTIVANDO HABILIDADES

Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
  • Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
  • Favorecer a comunicación entre o grupo.

Foi impartida durante o mes de abril por Sabela Prieto González, profesora do departamento de Lingua castelá e Literatura .

Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado sentouse en círculos e dous voluntarios foron representando diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra. 
Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas conversas sobre novas situacións.


SITUACIÓNS PLANTEXADAS:

1. Ante os comentarios despectivos pola foto dunha rapaza con pelos na axila, houbo dúas posturas: 
  • A meirande parte do alumnado defendería o dereito de cada persoa a tomar decisións físicas sobre o seu corpo, rexeitando ese tipo de comentarios, 
  • Unha minoría só intervirían para defender á compañeira se é unha amiga ou familiar, é dicir, non participarían da conversa se a outra persoa non lles importa ou lles cae mal. 
Reflexionamos sobre o tema e a necesidade de cortar este tipo de conductas.

2. Na segunda situación, pedimos a un dos alumnos que presione á súa parella para ter relacións sexuais cando ela todavía non está preparada, insistindo con argumentos como que todo o mundo da súa idade xa o fixo ou dudando do seu amor e compromiso. 
  • Ante esta situación, todos concordan en que xamais farían iso e sempre esperarían a que a súa parella estivera preparada para manter relacións sexuais. 
  • O alumnado de 3º concorda en que aínda é pronto para manter relacións sexuais completas e entenden a necesidade de esperar a que ambas partes da parella estean preparadas. Din que non teñen présa, que para eles non é cedo nin tarde, que iso se dará cando se teña que dar xa que cada un precisa o seu tempo, e non presionarían ás súas parellas. Manifestan que lles daría igual esperar meses ou anos e entenden a importancia de non presionar a outra persoa e as consecuencias negativas que isto podería ocasionar.
3. Falando do consentimento nas relación sexuais e da non presión, xorde a cuestión do que farían se están liándose cunha rapaza borracha ou que non está nas súas plenas facultades. 
  • Neste caso, a maioría non ben mal ter relación sexuais con ela, porque entenden que son consentidas. 
  • Só un rapaz ten claro que xamais faría tal cousa e que pediría un taxi ou acompañaría á rapaza á súa casa, asegurándose do seu benestar. 
Ante estas afirmacións, insistimos sobre a necesidade de que ambas partes da parella estean en plenas facultades cando decidan manter relación sexuais.

4. Na seguinte situación, ante a petición da parella de facerse unha tatuaxe dos seus nomes como mostra de amor:
  • Todos rexeitan a idea e teñen claro que non o farían e aguantarían a presión sen ceder, pois o amor non precisa demostrarse con probas deste tipo e as tatuaxes son algo que un debe pensar moito, pois son para toda a vida.
O mesmo ocorre ante a insistencia para que proben un porro: ningún dos presentes fuma, son deportistas e non queren probalo, así que teñen claro que non o farían aínda que llo propuxera un amigo ou a persoa que lles gusta. 

Parece que os rapaces teñen moi claras as súas conviccións e estas sesións servíronnos para falar de temas moi interesantes e para afianzar as súas ideas.