martes, 25 de noviembre de 2025

25 N

Ficha 1Curso 25-26

E qué é isto....


  •  Os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
  • De que vai o noso proxecto 

Eva Vérez  e Paula , profesoras de Educación Plástica V e AU

curso 25-26

Para o curso 3ºESO  

Traballaranse en diferentes materias ao longo do curso

Lingua castelá e literatura, Bioloxía e xeoloxía, Inglés, Lingua e literatura galega, Educación Física e Xeografía e historia e Educación Plástica visual e audiovisual

Tedes aceso  ao noso proxecto a través de:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/

https://querotemaisdeleusebio.blogspot.com/

É un proxecto da

 




FICHA 1

PRESENTACIÓN DO RECURSO QUÉROTE+

Profesora:  Eva Vérez 

Materia Educación Plástica Visual e Audiovisual 


Que é Quérote+?
 
Os centros Quérote+ pertencentes á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado son un recurso público de información e asesoramento para a
mocidade. Os mozos e mozas poden realizar as súas consultas de forma
confidencial e anónima ao equipo de profesionais de Quérote+ a través das
diferentes vías de contacto, nas temáticas de sexualidade, prevención do consumo
de substancias, convivencia, uso das TIC e imaxe corporal e autoestima
Vías de consulta:
 Consultoría presencial e telefónica

 

Quérote+ A Coruña

 Avd. Linares Rivas ,28 8º
 Teléfono: 981 223 913

Quérote+ Lugo

Complexo Xuvenil LUG II, Rúa Pintor Corredoira, 4
Teléfono 982 241 732

Quérote+ Ourense

Casa da Xuventude - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 4º
Teléfono 988 231 740

Quérote+ Vigo

Rúa da Ferrería, 41
Teléfono 986 095 977

Quérote+ Santiago

Rúa Ramón Piñeiro, 19
Teléfono 881 997 613

 

Ademais...

 Consultoría a través da páxina web http://xuventude.xunta.es/querote-mais
 Consultoría a través de Whatsapp e Telegram 647 018 752
 Consultoría a través de videochamada a través de Whatsapp e Skype
querotemais.videochamada


Obxectivos DA FICHA 1 

Dar a coñecer os centros Quérote+ e o seu servizo de consultoría, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.
Actividade


ÁREA DE CONSULTAS
Para acceder ás consultas en liña hai que premer no cadro “Formula a túa dúbida”.




FORMULARIO DE CONSULTAS
Todas as consultas son anónimas e confidenciais. Os datos solicitados no formulario son de carácter estatístico. Para realizar unha consulta é preciso cubrir os campos (que teñen asterisco) e redactar a pregunta. Ao final aparece un código que terá que ser gardado, xa que é a clave de acceso que se solicitará para acceder á resposta.
As dúbidas resolveranse nun prazo de 48 horas (sen contar fins de semana e/ou festivos). Para acceder á resposta haberá que premer no cadro “Resposta á túa dúbida” que nos levará a un novo formulario para introducir o código específico da consulta.
Os contidos que figuran na internet non sempre son verídicos e científicos, polo que é importante potenciar o espírito crítico para que as achegas sexan o máis positivas e produtivas posibles e dar a coñecer recursos profesionais e científicos nos que poder consultar dúbidas. 

Cando buscamos información en internet  debemos  cuestionar quen está detrás desas respostas e en que medida e situacións determinadas damos por válidas esas respostas .





Información procedente de 



Poñendo a Ficha 1 en Práctica  nos distintos grupos

 

lunes, 16 de junio de 2025

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

 

Ficha 8: HOXE DAMOS A CLASE NÓS

Nesta octava e derradeira ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Asimilar conceptos e concretalos para servir de ponte cos/coas compañeiros/as de 2º da ESO do centro ou cursos análogos.
  • Reflexionar sobre a importancia de como transmitimos e cales son as pautas para facelo.

Foi impartida durante o mes de xuño por Sabela Prieto e Cristina Conde, profesoras do departamento de Lingua castelá e Literatura. 

A adquisición e asentamento de novos coñecementos ven apoiada pola capacidade de transmisión desa mesma información no grupo de iguais.

Nesta ocasión os grupos de 3º ESO elaboraron unha presentación que presentaron ante os compañeiros de 2º da ESO para darlles a coñecer os temas abordados durante todo o ano no programa Quérote+.




Ficha 7: A concepción é concepción

Ficha 7: A concepción é concepción

Nesta séptima ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Contribuír ao coñecemento da erótica persoal.
  • Potenciar o uso do preservativo como método de protección ante os embarazos non planificados e as ITS

Foi impartida na materia de Proxecto Competencial por María José Rivas Díaz, profesora de Xeografía e Historia, e na de Xeografía e Historia por Francisco Carril Torreiro.

Ademais de traballar a ficha proposta, Fran adicou dúas sesións a falar de aspectos moi relacionados coa temática, como o control da natalidade. 



Ficha 6: cultivando habilidades


Ficha 6: cultivando habilidades

Nesta sexta ficha do Quérote+ os obxectivos son:

  • Aprender a identificar e responder de maneira axeitada á presión de grupo.
  • Analizar alternativas de solución cando nos sometemos á presión negativa.
  • Favorecer a comunicación entre o grupo.

Foi impartida durante o mes de abril por Sabela Prieto González e Cristina Conde, profesoras do departamento de Lingua castelá e Literatura .

Para o desenvolvemento desta actividade, o alumnado sentouse en círculos e dous voluntarios foron representando diferentes situacións nas que unha persoa exerce presión sobre a outra. 

Empregáronse os exemplos propostos no material e, segundo xurdía na conversa, engadíronse novas conversas sobre novas situacións.

SITUACIÓNS PLANTEXADAS:

1. Ante os comentarios despectivos pola foto dunha rapaza con pelos na axila, houbo dúas posturas: 
  • A meirande parte do alumnado defendería o dereito de cada persoa a tomar decisións físicas sobre o seu corpo, rexeitando ese tipo de comentarios, 
  • Unha minoría só intervirían para defender á compañeira se é unha amiga ou familiar, é dicir, non participarían da conversa se a outra persoa non lles importa ou lles cae mal. 
Reflexionamos sobre o tema e a necesidade de cortar este tipo de conductas.




2. Na segunda situación, pedimos a un dos alumnos que presione á súa parella para ter relacións sexuais cando ela todavía non está preparada, insistindo con argumentos como que todo o mundo da súa idade xa o fixo ou dudando do seu amor e compromiso. 
  • Ante esta situación, todos concordan en que xamais farían iso e sempre esperarían a que a súa parella estivera preparada para manter relacións sexuais. 
  • O alumnado de 3º concorda en que aínda é pronto para manter relacións sexuais completas e entenden a necesidade de esperar a que ambas partes da parella estean preparadas. Din que non teñen présa, que para eles non é cedo nin tarde, que iso se dará cando se teña que dar xa que cada un precisa o seu tempo, e non presionarían ás súas parellas. Manifestan que lles daría igual esperar meses ou anos e entenden a importancia de non presionar a outra persoa e as consecuencias negativas que isto podería ocasionar.





3. Falando do consentimento nas relación sexuais e da non presión, xorde a cuestión do que farían se están liándose cunha rapaza borracha ou que non está nas súas plenas facultades. 
  • Neste caso, a maioría non ben mal ter relación sexuais con ela, porque entenden que son consentidas. 
  • Só un rapaz ten claro que xamais faría tal cousa e que pediría un taxi ou acompañaría á rapaza á súa casa, asegurándose do seu benestar. 
Ante estas afirmacións, insistimos sobre a necesidade de que ambas partes da parella estean en plenas facultades cando decidan manter relación sexuais.

4. Na seguinte situación, ante a petición da parella de facerse unha tatuaxe dos seus nomes como mostra de amor:
  • Todos rexeitan a idea e teñen claro que non o farían e aguantarían a presión sen ceder, pois o amor non precisa demostrarse con probas deste tipo e as tatuaxes son algo que un debe pensar moito, pois son para toda a vida.



O mesmo ocorre ante a insistencia para que proben un porro: ningún dos presentes fuma, son deportistas e non queren probalo, así que teñen claro que non o farían aínda que llo propuxera un amigo ou a persoa que lles gusta. 

Parece que os rapaces teñen moi claras as súas conviccións e estas sesións servíronnos para falar de temas moi interesantes e para afianzar as súas ideas. 

 

Ficha 5

 





jueves, 27 de febrero de 2025

Ficha 4



As profesoras Karina Pereira Rei e Dulce Fernández Graña adicaron dúas xornadas ao concepto de "amor romántico" co alumnado de 3º da ESO, dentro do programa Quérote da Consellería de Educación. 
Karina traballou a ficha cos grupos de 3ºA, 3ºB, 3ºC e 3ºD mentes que Dulce fixo o mesmo en 3ºE.

Comezaron coa procura da resposta a QUE É O AMOR ROMÁNTICO? e logo fixeron unha procura sobre os estereotipos que se reproducen en torno á idea de "Amor Romántico" en películas, series, debuxos infantís, cancións...etc.

Viron a curta realizada polo concello de Pontevedra: "nAmorAndo - Principiñas e Princesiños", que podedes visionar no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=FhLAw6Prqm4


Estiveron debatendo as ideas en pequenos grupos e despois puxéronas en común.

O alumnado en xeral foi quen de identificar os aspectos negativos desas mensaxes e como poden repercutir nas relacións de parella.

Para rematar, viron e comentaron uns vídeos nos que se exemplificaba o proceso polo que se chega á anulación da personalidade nunha parella tóxica.